O presente artigo, do camarada AN, foi enviado polo CLP "Manolo Bello".
Sobor da cuestión da democracia burguesa.
A clase burguesa está obrigada, polas condicións historicas que lle permitiron apoderarse do poder politico, a enmascarar ésta. „ Un home un voto“, proclama, e os parlamentos saidos do sufraxio universal son unicamente as que terán o poder de lexislar. Pero en realidade, polo modo de escrutinio e a división eleitoral, pola corrupción e o xogo de influencias, e sobre todo pola presión administrativa e ideoloxica feita posibel polo mesmo goberno ( Conselleiros, radio, televisión) e polo poder do dinheiro ( prensa, partidos reaccionarios financiados polo capital...), esta democracia burguesa convirtese en formal e ilusoria, os gobernos surxidos do sufraxio universal son maioritariamente respetuosos respeito ao poder do capital e do Estado Burgués.
O estado burgués instaurou, como cuestión esencial do sistema, o principio da separación de poderes: o executivo é independente do lexislativo, e dicer, en realidade por enriba del, „ sendo a forma parlamentaria máis que un apendice enganhoso do executivo“ (Marx). Algumhas leis votadas non son aplicadas, ou son desviadas do seu obxetivo, o poder reglamentario ( faculdade do goberno ) invadirá o lexislativo, terá unha soberania propia, o parlamento nen sequera será consultada sobre as decisións que comprometen o futuro da nación.Baixo a dirección do executivo, o aparato administrativo e coercitivo do goberno reforzase máis e máis.
O cidadan enfrentase a el en todos os sensos , constatase a contradicción entre a igualdade nominal proclamada pola democracia dos capitalistas e as miles de restriccións e complicacións reais.Polo tanto o goberno capitalista, non cesa de afirmarse formalmente como un orgao por enriva da sociedade, e dicer das clases, como un arbitro e un conciliador. Esto é negar a realidade expresada na historia: „ O Estado é producto e manifestación do caracter irreconciliabel das contradiccións de clase. O estado surxe no sitio, no momento e no grao en que as contradiccións de clase non poden, pbxetivamente, reconciliar“ (Lenin)
Exemplo claro no Estado espanhol é a transición a democracia.
O goberno burgues non pode xustificar o seu pretendido papel de arbitro ou de conciliador sen aferrarse desesperadamente a esta ficción: O suposto caracter non antagonico das clases sociais. Toda a sua actuación, toda a sua propaganda está basada nesta mentira, proletariado e burguesía só mantenhen posicións secundarias e circunstanciais, que poderan ser reconciliadas por meio do „interes“ e a „participación“, realizando unha armoniosa „asociación capital-traballo“.A sociedade burguesa non é nunca estatica, senon que polo contrario, está permanentemente axitada pola loita de clases baixo diversas formas.
O emfrentamento proletariado-burguesia é permanente e entre estas duas clases antagónicas a relación de forzas fluctua sen cesar. Cando esta relación de forzas modificase a favor do proletariado, entón o goberno burgués pode intervir, non para un arbitraxe ou unha conciliación mediante a sociedade reencontraria o seu equilibrio, senon para compromisos provisionais que non son máis que etapas dunha loita que non pode desembocar nunha paz duradeira. Estes arbitraxes e conciliacións son a demostración e manifestación da loita de clases.
O goberno burgués e un orgao de dominación de clase, un orgao de opresión dunha clase por outra, é a creación do rede que legaliza e afianza esta opresión, amortiguando os choques entre clases. Mas cada vez máis suceden conflictos de clase, que obrigan ao goberno burgués a quitar a mascara. Entón intervenhen as forzas de represión para o mentemento brutal da orde burgués.
"O proletariado non pode conformarse con tomar o poder do Goberno existente e facer funcionar este instrumento tal e como está por conta propia. A primeira condición para conservar o poder politico,é transformar o aparato existente e destruir este instrumento de dominación de clase“ (Marx).-
No hay comentarios:
Publicar un comentario