sábado, 7 de marzo de 2009

8 de Marzo Dia internacional da muller traballadora



8 de Marzo Dia Internacional da Muller Traballadora do 2009

No marco dunha profunda crise economica do modo de produccion capitalista internacional celebramos esta xornada internacional de loita polos dereitos da muller traballadora e polo fin de calquer opresión contra as mesmas.
Neste ano temos decidio adicarlo a unha muller emigrante, unha muller loitadora victima da violencia da patronal.
Estamos a falar de Konstantina Kuneva, de 44 anos orixinaria de Bulgaria e traballadora da limpeza en Grecia na empresa Ferrocarril Electrico Atenas-Pireo (ISAP). Konstantina é tamen unha traballadora conciente e activa dirixente do Sindicato da Limpeza que non se plegou as amenazas da patronal e por esto foi obxeto dun cruel ataque das bandas fascistas da patronal no decembro pasado. Konstatina foi rociada con acido e agora loita pola sua vida na UCI dun hospital, perdido un ollo e graves feridas no aparato dixestivo.
Por toda Grecia e no mundo unha grande campaña de solidariedade ten feito de Konstantina unha luminosa bandeira vermella de loita contra a patronal explotadora.

A campaña "Konstantina non estas soa" reclama xustiza e solidariedade para Konstatina.
A patronal grega da que fai parte tamen o PASOC (o mais parecido ao PSOE) é responsabel pero o espititu de loita de Konstatina e de millons de mulleres é invencibel e non poden ser acallados pola violencia reaccionaria.
Na Galiza non imos, agora mais que nunca, a dixar de loitar contra a explotación e a opresión da muller.

KONSTATINA TODAS E TODOS SOMOS TI !

Galiza, 8 de Marzo do 2009

COMITÉ DE LOITA POPULAR "MANOLO BELLO"

No hay comentarios: