¡ Manter no alto a gran bandeira vermella da Comuna de Paris !
Este 18 de marzo cúmprense 140 anos da proclamación da Comuna de Paris en 1871. Fronte á capitulación da burguesía "imperial" ou "Republicana" as masas de Paris, unidos en torno ao pobo armado na Garda Nacional, tomaron o poder político enarborando un programa revolucionario.
A proeza realizada polo proletariado e as clases populares en Paris, a pesar da súa curta existencia, esmagada no medio dunha sanguenta represión, representou a creación do primeiro poder de Ditadura do Proletariado no mundo.
Hoxe recordamos con emoción aos homes e mulleres que con valentía e decisión non dubidaron en dar as súas vidas por un mundo mellor, un mundo sen que a explotación do home polo home sexa base as relacións de produción.
Hoxe, 140 anos despois, esta loita continua con novas experiencias e a gran bandeira vermella da Comuna de Paris encabeza as loitas mais consecuentes contra a explotación, as guerras populares e é motivo de inspiración para a nosa ideoloxía de clase, o mlm, mentres o sinistro recordo dos seus verdugos afúndese nas paginas mais odiosas da historia da infamia.
Desde Galiza alzamos con emoción os nosos puños para saudar e render homenaxe á gloriosa Commune de Paris.
Honra e gloria aos heroicos fillos do pobo !
Galiza marzo do 2011
Comité de Loita Popular "Manolo Bello"
Comité Galego de apoio á guerra popular na India.
Correo Vermello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario