Sobre as condicións que determinan se un réxime político é fascista ou non.
Isto
é a suma de varios apuntes e novos aportes redactados do xeito máis
breve posíbel para obter unha comprensión fácil sobre un movemento
político determinado. En calquera caso, é recomendábel acudir a autores
para documentarse en maior profundidade.
Héctor Bermejo
Para
que un réxime sexa fascista hanse cumprir unha serie de variábeis ben
definidas, xa que para a exposición dun concepto non valen medias tintas
nin medias verdades. De feito, a gran maioría dos réximes xeralmente
definidos como fascistas, non o son. Son outra cousa con outro nome,
pero non réximes fascistas. Así mesmo, moitos Estados considerados
democráticos poderían ser considerados réximes fascistas, independente
do desenvolvemento das súas estruturas democratico-burguesas.
O
fascismo parte dun cúmulo de premisas particulares. Un réxime fascista é
unha ditadura manexada polos elementos máis chovinistas, imperialistas,
e reaccionarios do capital -non o esquezamos- financeiro. O fascismo
xorde da incapacidade da burguesía para manter a súa poder mediante os
medios democratico-burgueses, así como da imperiosa necesidade deses
elementos por protexer os seus intereses dos sectores avanzados do
proletariado. É por iso que o fascismo ten como primeiros e principais
obxectivos aos sectores populares representados polo comunismo e as
organizacións progresistas.
O
fascismo posúe un serie de variábeis definitorias moi importantes e
significativas, como o anti-humanismo, o chovinismo, o escurantismo, ou o
racismo. Ademais, o fascismo é un movemento interclasista que parte da
premisa da oposición á loita de clases, a través dun postulado que nega
os intereses de clase. Cabe destacar que o contido obreirista forma
parte fundamental das fases primixenias deste movemento; para o fascismo
é fundamental que as masas abracen a súa mensaxe nacionalista baixo a
crenza de que o seu paradigma é a solución para os traballadores. É
común que disfracen o seu discurso baixo unha capa representada en forma
de socialismo, unha idea radicalmente oposta ao fascismo. O estado
fascista tamén se caracteriza por poñer a man de obra ao servizo dunha
estrutura ao servizo dos intereses do capital financeiro mencionado
anteriormente, a modo de corporación. No entanto, que algún movemento
político conteña parte destes elementos non significa que o movemento en
si sexa fascista.
Toda
realidade obxectiva ten unha definición de por si, unha definición
histórica recreada a si mesma a través da súa xénese e a súa morte,
derivada do tempo dos seus fundadores e quen a sufriron. O curioso é que
algúns pretenden desprender o que lles interesa desa realidade para
alcanzar os seus obxectivos dialécticos pero, así como a realidade dunha
molécula de auga é H2O
-dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno-, a mutabilidade da materia
xera unha realidade ben diferente en canto una das partes desa variábel
cambia. En tanto que H2O
é auga, HO é un hidróxido. Polo tanto, unha realidade que teña
variábeis propias do fascismo deixa de ser fascismo no momento en que
faltan parte desas mesmas variábeis.
Unha
vez definidos estes fundamentos podemos adecuar esta definición
dialéctica como ferramenta que facilite a incorporación do termo
fascista a tal ou cal entidade estatal. O fascismo é algo moi serio que
debemos coñecer en profundidade co obxectivo de destruílo desde a súa
raíz, trátase da ferramenta definitiva dunha burguesía desesperada polo
mantemento do poder economico-político.
No hay comentarios:
Publicar un comentario