sábado, 8 de marzo de 2014

GALIZA: Comunicado do PCmG.


 
 
SEN A MULLER NON HAI REVOLUCIÓN !
 
Neste 8 de marzo do 2014, Día Internacional da Muller Traballadora queremos lembrar con emoción a toda-las mulleres que teñen dado a súa a vida en defensa dos seus dereitos e na loita por barrer calquer modo de opresión sobre a humanidade.
Mulleres traballadoras que teñen defendido e conquistado, coas armas nas mans, os seus dereitos de igualdade fronte a explotación capitalista e a marxinación sexista da ideoloxia burguesa e relixiosa.
Na Galiza, no Estado español, millóns de traballadoras atópanse desempregadas e moi poucas contan con axudas económicas dun Estado  burgués disposto baixo dos ditados da banca, da UE e do FMI a deixar sen dereitos de educación, de sanidade,  de prestacións de desemprego  aos traballadores e traballadoras.
Un Estado clerical e reaccionario que pretende ilegalizar o dereito de aborto levando a desesperación a milleiros de mulleres traballadoras que non  se poden permitir viaxar ao extranxeiro para exercer un dereito básico, decidir sobre seu propio corpo.
Fronte a esta situación de agresión permanente da oligarquía e seus  corruptos políticos, ben sexan do PP ou do PSOE, non hai outro camiño que o da Revolución Socialista, que derrumbe o vello estado burgues para dende suas cenizas crezca una nova sociedade na que valores como a igualdade e a solidariedade, o apoio mutuo e o fin de calquer forma de descriminación sexista sexan os peldaños do futuro.
Que ninguén se engane co circo eleitoral e as suas promesas. O único camiño é a total deslexitimación do podre poder burgués e sua falsa e corrupta democracia. E para isto é decisiva a movilización da  mulleres pois:
Sen a muller non hai Revolución.
 
Galiza, 8 de marzo do 2014
 
Comité de Construcción do Partido Comunista maoísta de Galiza.

No hay comentarios: