martes, 12 de mayo de 2015

O PARTIDO COMUNISTA E O PARLAMENTARISMO. Texto do II Congreso da III Internacional.- 1920



Nestes tempos eleitorais, e sen un Partido Comunista Revolucionario, compre lembrar o que deveria ser unha verdadeira deputada ou deputado comunista e revolucionaria.

O PARTIDO COMUNISTA E O PARLAMENTARISMO
 

Segundo Congreso da III Internacional, Realizado no Palacio Taurichesky, Moscú
19 de xullo ao 7 de agosto de 1920.

III A TÁCTICA REVOLUCIONARIA
Imponse a adopción das seguintes medidas co fin de garantir a efectiva aplicación dunha táctica revolucionaria no parlamento:

1.- O Partido Comunista no seu conxunto e o seu Comité Central deben estar seguros, desde o período preparatorio anterior ás eleccións, da sinceridade e o valor comunista dos membros do grupo parlamentario comunista. Ten o dereito indiscutible de rexeitar a todo candidato designado por unha organización, si non ten o convencemento de que ese candidato fará unha política verdadeiramente comunista.
Os partidos comunistas deben renunciar ao vello hábito socialdemócrata de facer elixir exclusivamente a parlamentarios experimentados e sobre todo a avogados. En xeral, os candidatos serán elixidos entre os obreiros. Non debe temerse a designación de simples membros do partido sen gran experiencia parlamentaria.
Os partidos comunistas deben rexeitar con implacable desprezo aos arribistas que se achegan a eles co único obxectivo de entrar no parlamento. Os comités centrais só deben aprobar as candidaturas de homes que durante longos anos dean probas indiscutibles da súa abnegación pola clase obreira.
2.- Unha vez finalizadas as eleccións, correspóndelle exclusivamente ao Comité Central do Partido Comunista a organización do grupo parlamentario, estea ou non nese momento o partido na legalidade. A elección do presidente e dos membros do secretariado do grupo parlamentario debe ser aprobada polo Comité Central. O Comité Central do partido contará no grupo parlamentario cun representante permanente que goce do dereito de veto. En todos os problemas políticos importantes, o grupo parlamentario está obrigado a solicitar as directivas previas do comité central.
O Comité Central ten o dereito e o deber de designar ou de rexeitar aos oradores do grupo que deben intervir na discusión de problemas importantes e esixir que as teses ou o texto completo dos seus discursos, etc., sexan sometidos á súa aprobación. Todo candidato inscrito na lista comunista asinará un compromiso oficial de ceder o seu mandato ante a primeira orde do Comité Central, a fin de que o partido teña a posibilidade de reemprazalo.
3.- Nos países onde algúns reformistas ou semireformistas, é dicir simplemente arribistas, logren introducirse no grupo parlamentario comunista (iso xa ocorreu en varios países), os comités centrais dos partidos comunistas deberán proceder a unha depuración radical deses grupos, inspirándose no principio de que un grupo parlamentario pouco numeroso pero realmente comunista serve moito mellor aos intereses da clase obreira que un grupo numeroso pero carente dunha firme política comunista.
4.- Todo deputado comunista está obrigado, por unha decisión do Comité Central, a unir o traballo ilegal co traballo legal. Nos países onde os deputados comunistas aínda se benefician, en virtude das leis burguesas, cunha certa inmunidade parlamentaria, esta inmunidade deberá servir á organización e á propaganda ilegal do partido.
5.- Os deputados comunistas están obrigados a subordinar toda a súa actividade parlamentaria á acción extraparlamentaria do partido. A presentación regular de proxectos de lei puramente demostrativos concibidos non de face ao seu adopción pola maioría burguesa senón para a propaganda, a axitación e a organización, deberá facerse baixo as indicacións do partido e do seu Comité Central.
6.- O deputado comunista está obrigado a colocarse á cabeza das masas proletarias, en primeira fila, ben á vista, nas manifestacións e nas accións revolucionarias.
7.- Os deputados comunistas están obrigados a entaboar por todos os medios (e baixo o control do partido) relacións epistolares e doutro tipo cos obreiros, os campesiños e os traballadores revolucionarios de toda clase, sen imitar en ningún caso aos deputados socialistas que se esforzan por manter cos seus electores relacións de negocios. En todo momento, estarán a disposición das organizacións comunistas para o traballo de propaganda no país.
8.- Todo deputado comunista ao parlamento está obrigado a recordar que non é un lexislador que busca unha linguaxe común con outros lexisladores, senón un axitador do partido enviado a actuar xunto ao inimigo para aplicar as decisións do partido. O deputado comunista é responsable non ante a masa anónima dos electores senón ante o Partido Comunista, sexa ou non ilegal.
9.- Os deputados comunistas deben utilizar no parlamento unha linguaxe intelixible ao obreiro, ao campesiño, á lavandeira, ao pastor, de maneira que o partido poida editar os seus discursos en forma de folletos e distribuílos nos recunchos máis afastados do país.
10.- Os obreiros comunistas deben abordar, aínda cando se trate dos seus comezos parlamentarios, a tribuna dos parlamentos burgueses sen temor e non ceder o lugar a oradores máis experimentados. En caso de necesidade, os deputados obreiros lerán simplemente os seus discursos, destinados a ser reproducidos na prensa e en panfletos.
11.- Os deputados comunistas están obrigados a utilizar a tribuna parlamentaria para desenmascarar non soamente á burguesía e os seus lacaios oficiais, senón tamén aos socialpatriotas, aos reformistas, aos políticos centristas e, de xeito xeral, aos adversarios do comunismo, e tamén para propagar amplamente as ideas da III Internacional.
12.- Os deputados comunistas, así se trate dun ou dous, están obrigados a desafiar en todas as súas actitudes ao capitalismo e non esquecer nunca que só é digno do nome de comunista quen se revela (non verbalmente senón mediante actos) como o inimigo da sociedade burguesa e dos seus servidores socialpatriotas.

1 comentario:

Coronel Kurtz dijo...

Los bernstenianos aceptaron y aceptan el marxismo con excepción de su aspecto directamente revolucionario. Consideran la lucha parlamentaria no como uno de los medios de lucha que se utiliza particularmente en ciertos períodos históricos, sino como la forma de lucha principal y casi la exclusiva, que hace innecesarias la ‘violencia’, la ‘toma’, la ‘dictadura’.” Y: “Sólo los bribones o los tontos pueden creer que el proletariado debe primero conquistar la mayoría en las votaciones realizadas bajo el yugo de la burguesía, bajo el yugo de la esclavitud asalariada, y que sólo después debe conquistar el Poder. Esto es el colmo de la estulticia o de la hipocresía, esto es sustituir la lucha de clases y la revolución por votaciones bajo el viejo régimen, bajo el viejo Poder.”; y: “Esto es ya el más puro y el más vil oportunismo, es ya renunciar de hecho a la revolución acatándola de palabra.” (Las citas de Lenin en este párrafo corresponden al folleto “La revolución proletaria y el revisionismo de Jruschov” del PCCh).