martes, 26 de julio de 2016

GALIZA/INDIA: Resposta da Alta Representante da UE para Asuntos Exteriores, Federica Mogherini, a pregunta da Europarlamentaria Galega Lidia Senra


Según ten publicado o dia 26 de xullo, no seu Facebook a Europarlamentaria Galega Lidia Senra, a  Alta Representante da UE para Asuntos Exteriores, Federica Mogherini, respostou a pregunta feita sobre a situación do Profesor GN Saibaba, ponhemos o texto integro publicado no Facebook, así como a resposta:



Fai uns días recibimos resposta da Alta Representante da UE para Asuntos Exteriores, Federica Mogherini, vicepresidenta da Comisión Europea, en relación á denuncia que realizamos a través dunha pregunta parlamentaria sobre a represión sufrida por dous defensores dos Dereitos Humanos na India: o profesor universitario Saibaba -en cadeira de rodas, detido e incomunicado durantes meses- e a xornalista Arundathi Roy -pendente de xuízo por ter escrito un artigo en defensa do profesor Saibaba-.
Como é sabido, a India é un territorio cunha forte presión sobre as súas riquezas naturais. Xa fai uns meses denunciamos que o Goberno Indio, co que a UE mantén distintos acordos comerciais, está a levar adiante dende 2009 unha operación militar e paramilitar denominada “Cacería Verde” a través da cal está a expulsar e recluír en campos de concentración a poboacións tribais orixinarias de Estados con importantes recursos naturais. As multinacionais calculan que obterían máis de 80 millóns de euros de beneficio se puideran explotar -sen ser molestados pola poboación-, todas estas fontes de auga e recursos naturais.
En resposta á denuncia de AGEe diante da Comisión Europea, Mogherini recoñece que a UE está seguindo de preto a extraordinaria represións que se está a dar contra as persoas que defenden os dereitos humanos da poboación residente nas áreas cobizadas por estas grandes empresas. Sinalan que a preocupación por esta situación levou mesmo a que a Delegación da UE en New Delhi teña feito chamamentos por motivos humanitarios diante da Comisión Nacional de Dereitos Humanos, e que cuestións como a vulneración do respecto á liberdade de expresión, dereito a un xuízo xusto e Dereitos Humanos foran abordadas no Diálogo sobre Dereitos Humanos entre a UE e a India.
A día de hoxe, logo dunha forte presión social, tanto a nivel da India como internacional, o profesor Saibaba foi liberado, mais non se lle permite reincorporarse á súa actividade como docente.
O profesor Saibaba e a xornalista Arundathi Roy son quizais os casos máis mediáticos, pero lamentábelmente existen moitos máis. En febreiro Amnistia Internacional realizou un chamado urxente para solicitar a condena dos ataques sufridos por mulleres avogadas e defensoras dos Dereitos Humanos no Estado de Chhattisgarh (https://www.amnesty.org/es/documents/asa20/3514/2016/es/).
Tamén este ano o Observatorio de Dereitos Humanos (Human Right Watch) elaborou un informe sobre o alto risco que teñen as persoas que tentan informar sobre a situación que se está a vivir nesta rexión da India (https://www.hrw.org/…/india-high-cost-reporting-chhattisgarh).

Neste enlace tendes acceso directo á pregunta rexistrada por AGEe e á resposta da Alta Representante da UE para Asuntos Exteriores, Federica Mogherini: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do…
 

No hay comentarios: