miércoles, 5 de noviembre de 2008

Galiza: CIG-Servizos solidarizase con sindicalista do Slai-Cobas

Un xuíz estima que Margherita Calderazzi foi a “instigadora” desta mensaxe de protesta
CIG-Servizos solidarízase cunha sindicalista italiana condenada a pagar 100.000 euros por unha pintada

CIG-Servizos quere trasladar a súa solidariedade e apoio a Margherita Calderazzi, sindicalista e militante comunista italiana, recentemente condenada a pagar 100.000 euros por ser a “instigadora” dunha pintada contra o patrón de “ILVA spa”, importante empresa de aceiro da cidade de Tarento.

Margherita Calderazzi é unha recoñecida e coraxosa militante do sindicalismo de clase italiano. Na actualidade é integrante da central Slai-Cobas. Calderazzi vén de ser condenada a pagar unha multa 100.000 euros por ter participado na loita contra a empresa de aceiro ILVA spa, (ex Italsider), na cidade de Tarento, provincia de Puglia, no sur do país.
Esta importante factoría, do Grupo Riva, con aproximadamente 14.000 operarios e cun alto índice sinistralidade laboral, é considerada como unha das dez empresas máis contaminantes da UE.
O empresario Emilio Riva acusou Calderazzi de ser a “instigadora” dunha grande pintada que o cualificaba de asasino. O xuíz Gastone De Vincentis, sen máis probas, condenouna a pagar esta multa delirante.
Así mesmo, outros sindicalistas, noutras partes de Italia, están a ser acusados de pertencer a “asociacións subversivas” por rebelarse contra a explotación e as medidas reaccionarias do Goberno de Silvio Berlusconi, que é o executivo da grande patronal, fondamente antipopular, e que quere eliminar, entre outros aspectos, a sanidade e o ensino públicos.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela

No hay comentarios: