martes, 24 de febrero de 2009

Comunicado do Comité de Loita Popular "Manolo Bello"

COMUNICADO


ELECCIONS NON, LOITA POPULAR !

Ao povo traballador galego:

Durante mais dun mes de folga xeral as masas de traballadores do Departamento frances de Martinca e Guadalupe teñen acadado unha gran victoria sobre os capitalistas da metropoli.

A prensa burguesa agachou todo o que pudo esta loita que ten un heroe no sindicalista Jacques Bino asesinado por para-policiaes a soldo da patronal. Seu enterro convirteuse nunha poderosa demostración das masas victoriosas.
Honor e Gloria aos heroes do povo !
O unico camiño para evitar que sexan as masas traballadoras as que pagen a crisis dos capitalistas é a loita sen tragua e compromiso, pola Revolución Socialista.
Na Galiza compre aprender desta e de outras experiencias, mesmo no Estado español, como a folga xeral de Lebrija.
Mentras os politiqueiros burgueses tratan de embaucanos coas suas falsas promesas no circo eleitoral temos que traballar para erguer un poderoso movemento de masas contra as medidas fameadoras do capital.
Un movemento de loita en torno a un programa que faga da revolución, do fin da explotación e de seu sistema o seu obxetivo maximo. Un progama que recolla as aspiracions de traballo e libertade das clases traballadoras e que permita avanzar cara ao Socialismo.
O noso Comité traballara por acadar a mais ampla unidade en torno dun programa revolucionario na Galiza. Programa no que a proclamación da Republica Popular Galega sera a chave do mesmo como paso inescusabel para artellar as nosas relacions cos demais povos e nacionalidades da Peninsula Iberica e o mundo. Relacions baseadas no internacionalismo proletario, na solidariedade e no respeto mutuo.
"Desechemos as ilusions e preparemonos para loitar" Esta instrucción do Pdte. Mao ten que se a orde do dia do noso traballo.

A REBELION XUSTIFICASE !

Galiza, Febreiro do 2009

COMITÉ DE LOITA POPULAR "MANOLO BELLO"

No hay comentarios: