domingo, 15 de febrero de 2009

Mensaje dos maoístas galegos ao C.C. do PCN-U (m)


Partido Comunista de Nepal-Unificado (m)

Comité Central.

Kathmandu. Nepal.


Ben-queridos camaradas:


Co motivo da celebracion do decimo tercer aniversario do Inicio da Guerra Popular no Nepal queremos felicitar ao PCN (m) ao heroico Exercito Popular de Liberación e ao povo do Nepal.

A Guerra Popular e o proceso revolucionario no Nepal son fonte de inspiración para os povos do mundo e centro dun importante debate para o desenrrolo da ideoloxia proletria.

A aplicación das teses da Guerra Popular do camarada Mao Tse-Tung a revolución no Nepal permitiu derrubar unha monarquia feudal e avanzar a actual fase da Revolución Democratica e suas tarefas. Tarefas que teñen que ser levadas adiante baixo a dirección do proletariado e seu Partido en alianza co campesiñado e as capas da pequena burguesia patriotica. Apartarse do maoísmo seria avandoar o vermello sendeiro da revolucion e adentrarse no negro pantano do revisionismo e do reformismo burgues.


Avanzar decididamente en prol da Republica Popular e do Socialismo coidandose das balas almibaradas da burguesia e do imperialsimo, que tratara de mercar a dirixentes e cadros con dadivas, sorrisos e prevendas tal é a grande tarefa que enfretan os comunistas no Nepal.

Estamos seguros que seguindo polo mesmo senderio vermello da guerra popular o PCN-U (m) lograra a victoria definitiva sobre as forzas que oprimen a os povos do Nepal.


Dende Galiza, unha nacionalidade sen estado que forma parte do Estado español os comunistas maoístas les desexamos os millores exitos pois a vosa revolución forma parte tamen da nosa.


VIVA A REVOLUCION NO NEPAL E SEU PARTIDO !

VIVA O MAOÍSMO, TERCEIRA E SUPERIOR ETAPA DO MARXISMO-LENISNISMO !

VIVAN AS MASAS POPULARES, ELAS FAN A HISTORIA !

VIVA A REVOLUCIÓN PROLETARIA MUNDIAL !
VIVA EL M.R.I.


Galiza Febreiro do 2009.


COMITÉ DE LOITA POPULAR "MANOLO BELLO"

COMITE GALEGO DE SOLIDARIEDADE CO NEPAL

CORREO VERMELLO

No hay comentarios: