jueves, 14 de mayo de 2009

Denunciando maniobra reaccionaria contra candidatura Iniciativa Internacionalista


COMUNICADO


A clase obreira e ao povo traballador:


Diante das noticias que a Fiscalia do Estado inpugnara a candidatura Iniciativa Internacionalista, para as vindeiras eleccions a euro-camara, por estar presentes membros de organizacions ilegalizadas queremos amosar a nosa enerxica condena e denuncia dunha practica que vulnera a mais elemental das normas do dereito de expresión e de participación politica nunha democracia burguesa.
Entendemos como unha necesaria acción de axitación e propaganda polos dereitos dos traballadores e pola autodeterminación dos povos, a participación neste novo circo eleitoral mais a actuación gubernamental evidencia os moi estreitos marxens da dictadura burguesa, na sua faciana democrática, para aquelas forzas que pretendan unha radical transformación da realidade de exemonia dos intereses da burguesia.
Na Galiza varias forzas politicas apoian e mesmo participan nesta candidatura. O escritor Méndez-Ferrín, Nº 6 da candidatura, ten calificado de “atentado contra a libertade” estes feitos.

Os comunistas maoístas denunciamos a hipocresía doutras forzas politicas da chamada esquerda democratica polo seu silencio complice e seu apoio a Ley de Partidos autentica lei anti-partidos.
Mais reiteramos que nesta etapa de crise capitalista e de auxe revolucionario as taresfas da verdadeira esquerda, das verdadeiras forzas progresistas esta en articular as loitas das masas en torno a bandeira vermella revolucionaria do fin do capitalismo opresor. Un poderoso movemento de masas que rache as cadeas da explotación eo dominio burgués.
No sendeiro da Folga Xeral Revolucionaria

Galiza a 15 de maio do 2009

Comité de Loita Popular “Manolo Bello”
Correo Vermello, distribuidora.

No hay comentarios: