Nota DR.
Queremos felicitar calidademnte a los camaradas que han hecho posible esta nueva e importante accción política contra la represión en la India.
UE:Senra solicita á UE a suspensión dos acordos vixentes ca India até que cese a represión contra activistas
Senra solicita á UE a suspensión dos acordos vixentes ca India até que cese a represión contra activistas
BY AGEE · 12 SETEMBRO, 2018
* Nove eurodeputadas/os subscriben unha carta a F. Mogherini para denunciar o ataque contra activistas polos dereitos humanos na India
* Esta iniciativa súmase ás misivas enviadas anteriormente á Vicepresidenta da CE e ó Presidente do PE, e ao rexistro de dúas preguntas parlamentarias
Estrasburgo, 12 de Setembro do 2018. A eurodeputada galega do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, vén de promover unha carta enviada hoxe á Alta Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, Federica Mogherini, na que insta ao ente comunitario a suspender tódolos acordos co Goberno indio “ata que as activistas polos dereitos humanos sexan liberadas/os e se poña fin á persecución contra os pobos Adivasi, Dalits, minorías relixiosas, pobos de Cachemira e Manipur”. No seu escrito pide tamén a inmediata liberación do profesor GN Saibaba e das activistas -poetas, escritores/as, directores/as de cine, profesores/as…- Susan Abraham, Varavara Rao, Stan Swamy, Anand Teltumbde, Gautam Navlakha, Vernon Gonsalves, Arun Ferreira, Surendra Gadling, Shoma Sen, Sudhir Dhawle, Rona Wilson e Mahesh Raut. As eurodeputadas do GUE/NGL Ángela Vallina, Paloma López e Merja Killonen, e as deputadas/os socialistas Ana Gomes, Clara Aguilera, Ciprian T?n?sescu, Claude Moraes e Julie Ward asinan tamén a esta iniciativa para condenar as detencións o pasado 28 de agosto de cinco defensoras/es dos dereitos humanos na India.
Actualmente, a controvertida Lei de Prevención de Actividades Ilegais (Unlawful Activities Prevntion Act, UAPA) permite o arresto indefinido de calquera persoa que o Goberno indio considere sospeitosa de querer ir contra o Estado. “Estas detencións engádense á continua e implacable represión por parte do Goberno sobre a voz e aspiracións democráticas do pobo indio”, alerta a eurodeputada galega no escrito dirixido á tamén Vicepresidenta da Comisión Europea, Federica Mogherini. De feito, hoxe mesmo deuse a coñecer a prologación ata o vindeiro 17 de setembro do arresto domiciliario das persoas detidas no mes de agosto.
Tamén para esta semana, o venres 14 de setembro, está convocada a vista de apelación do profesor GN Saibaba, logo de ter sido suspendida até en sete ocasións, o que significa de facto a extensión da súa condena até que se permita celebrar esta vista.
No texto enviado á Alta Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade as eurodeputadas/os recollen, asemade, a preocupación manifestada publicamente por organizacións como Amnistía Internacioal ou a ONU, ao tempo que lle lembran que a propia Mogherini, na respostas proporcionada á pregunta parlamentaria rexistrada por Lídia Senra no ano 2016, admitiu que a Delegación da UE en Nova Delhi ten feito chamamentos por motivos humanitarios á Comisión Nacional de Dereitos Humanos. “¿Como pode a Comisión Europea ter contactos e acordos cun goberno que defende que hai persoas de primeira e de segunda clase, mata indiscriminadamente a Adivasis e Dalits, ataca minorías relixiosas e mete no cárcere a activistas de dereitos humanos?”.
O clima de tensión e denuncia na India está a ser cada vez máis pronunciado e acadando unha maior difusión internacional. Mostra desta visibilización foi por exemplo a repercusión do hastag #MeTooUrbanNaxalite logo das detencións producidas a finais de agosto, e a través do cal se está a dinamizar unha vaga de solidariedade e denuncia da violencia ca que o goberno do Primeiro Ministro Narendra Modi actúa contra quenes apoian a loita polos dereitos humanos e sociais na India, nomeadamente dos pobos Adivasis e Dalits, e no marco dunha dura ofensiva por parte de grandes poderes económicos indios e internacionais para facerse co control dos recursos naturais existentes nas zonas nas que vive esta parte da poboación.
Ao longo desta lexislatura, a eurodeputada galega ten denunciado en varias ocasións a escalada de represión que está a ter lugar na India. A carta enviada hoxe vense engadir a unha primeira misiva enviada a Mogherini en marzo de 2017, ás dúas preguntas parlamentarias rexistradas no ano 2016[1] e 2017[2] pedindo unha maior implicación das institucións comunitarias na defensa da popular escritora Arundhati Roy e do profesor universitario GN Saibaba -encarcerado acusado de “terrorista” pese a ter o 90% do seu corpo paralizado- e á carta enviada ao Presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, para expresar a súa preocupación pola presenza no PE da Ministra de Asuntos Exteriores da India, Sushma Swaraj, o pasado mes de xuño con motivo do Día Internacional do Ioga.
[1]Encarceramento de G.N. Saibaba e proceso contra Arundhati Roy: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2016-001822+0+DOC+XML+V0//ES&language=es
[2]Cadea perpetua do profesor G. N. Saibaba: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2017-006242+0+DOC+XML+V0//ES&language=es
No hay comentarios:
Publicar un comentario