
correovermello-noticias
A Coruña, 29.04.19
Con fondo pesar, comunicamos a noticia do pasamento do camarada Carlos Cela Seoane, logo de sufrir un derrame cerebral fai sete días.
Membro dunha coñecida familia comunista, vencellada ao PCE (r), xunto a seus hirmans, Suso e Paco e súa nai Pepita, sempre han sido un exemplo de compromiso e solidariedade coa causa anti-fascista e contra a represión. Gañandose o respecto e o cariño de moitos homes e mulleres que militan noutras organizacións.
Dende seu bar, O Faluya (nome posto en homenaxe a cidade rebelde de Irak), impulsou moitas actividades e creou todo un clasico das noites de lecer, na cidade. Grande aficionado ao futbol e ao Depor tiña unha coñecida peña.
Hoxe tense previsto un acto de homenaxe as 7 do seran, no tanatorio Serviza de A Coruña, previo a súa incineración.
Ata sempre, compañeiro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario