A reforma da Constitución e a ditadura do proletariado.
M. Alonso para correovermello.
Os órgaos lexislativos do Estado español, a iniciativa
do goberno Zapatero, aprobaron por unha ampla maioria dos seus diputados e
senadores unha modificación do a Constitución que prima o pago da déveda e o
controlo do gasto publico. Reforma ou "Regula de Ouro" ditada polas
poténcias do euro, Francia e Alemania, para todos os seus sócios en meia da
"pertinaz" crise dos mercados finacieiros.
O debate desde as forzas da oposición, dentro do sistema,
da esquerda de IU á direita nacionalista de CiU, foi planteado en
termos da ruptura do consenso da restauración borbónica (imposta por Franco,
convén lembrar). De imposición do modelo neo-liberal e un grave precedinte que
requere un Referendo para a sua
lexitimación polo electorado.
Realmente semella espantoso que desde esa chamada oposición
responsábel, como IU ou o BNG, non se repare antes de converter a presente
Constitución burguesa nun "paradigma democrático", que vivemos baixo
a ditadura da burguesía e a sua sistema económica de explotación, inscrito nun proxecto imperialista europeo.
Non Sr Llamazares ou Sr. Jorqueira !, non están a defender o
Socialismo ou a ditadura democrática do proletariado, nen o direito de
Autodeterminación dos Pobos pois non están recollidos nesta constitución, que
lembremos foi rexeitada amplamente por exemplo en Euskadi, no referendo que a
aprobou.
Estes brindis ao sol teñen Sres. un cheiro de oportunismo
electoralista, de mensaxe;
Votade-me a min que eu
o resolverei.
Cando hoxe mais que nunca, vostédes non poden facer nada,
aun defendendo o seu honradez, porque a maioria do sistema, corrupto e cruel,
non mudase por decisións éticas ou "discursos" de xustiza social.
Hoxe só, fica, como camiño consecuente, o troco do sistema
por meio dunha Revolución Socialista, que esmague aos especuladores e
explotadores. Que devolva a liberdade ás masas populares, ás nazóns esmagadas e
que proclame unha Constitución Socialista, de Ditadura do Proletariado.
¡Abonda xa de trafegar co sofremento dos traballadores e
traballadoras!
No hay comentarios:
Publicar un comentario