viernes, 19 de febrero de 2016

GALIZA: Comunicado do Comité de Apoio a Guerra Popular na India condena represion. (India Vermella)



 
 
Comunicado.
Diante a onda de arrestos e agresións contra estudantes e profesores da Universidade Jawaharlal Nehru de Delhi, acusados de sedición polas autoridades reaccionarias da India, o Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India quere amosar a súa solidariedade e apoio a par de rexeitar a onda represiva desatada polo goberno ultra reaccionario e  fascista do premier Modhi.
Son moitas as masas que mobilízanse en apoio dos detidos e contra as leis antipopulares e represivas, dun goberno que leva a millóns de persoas a fame  e o suicidio, que esta a saquear as riquezas mineiras do país, deixándoas en mans de multinacionais mineiras que destorzan os campos e os pobos. O mesmo goberno que deixa que empresas, coma Monsanto arruínen a milleiros de campesiños con seus cultivos de sementes modificadas.
Ese é o goberno indigno de falso “patriotismo” o que acusa a estudantes e profesores de sedición por manifestar súa lexitima protesta ante tanta opresión.
Dende Galiza, dicímoslle que estamos con eles e súa xusta loita, que é a loita  de todos os pobos contra a opresión imperialista.
A Rebelión Xustificase !
Adiante a loita da JNU !
Liberdade para o dirixente estudantil Kanhaiya Kumar e o profesor GAR Geelani e demais detidos !
Libertade aos prisioneiros políticos!
Fora o fascismo hinduísta de Modhi da JNU !
Galiza, 18 de febreiro do 2015
Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India

No hay comentarios: