domingo, 7 de octubre de 2018

GALIZA: Esperpento no Gaiás. Un artigo do compañeiro M. Novo

 
Esperpento no Gaiás.
M. Novo.

Valle-Inclán ese galego de Vilanova de Arousa, obviado pola súa posición cosmopolita polos sectores nacionalistas, seria quen mellor podería describir o bochornoso acto de presentación do cadro, de outro galego universal, nado en Rianxo, Daniel Rodríguez Castelao, A derradeira lección do mestre (1) nos pasados días na Cidade da Cultura, con sede no mega-proxecto funerario de Manuel Fraga.
Os corvos murmuraban, entre eles, en voz baixa mentres que o corvo maior vestido de hipocrisía e cinismo afirmaba; "por fortuna, desde entón o pobo galego ten logrado alcanzar o autogoberno do que hoxe desfrutamos" e por isto, cree, "somos, en grande medida, a Galicia que Castelao soñaba".
As pombas presentes, de cores claros, diluídos polos anos de lavado institucional , representantes do BNG e En Marea, non daban creto as palabras do grande corvo, que agochou, coa súa cara de mascara veneciana, o verdadeiro significado do cadro, pintado por Castelao no exilio bonaerense, representando o fusilamento de Alexander Bovéda. Cadro que acompañou a Castelao viaxando por todo o mundo na denuncia do fascismo e seus crimenes.
O marqués de quero e non poido, segundo  a frase de Celso E. Ferreiro para describir a corvos, monicreques e humanos,  presenta cinicamente a “post-verdade” dos vencedores, coma a historia real do acontecido e as pombas xuiciosas e comedidas foron incapaces de interromper o seu discurso e rebentar esta representación noxenta, coma probabelmente si o fixera Castelao ou o propio Valle-Inclán diante de tamaña falsificación.
Castelao e Valle-Inclán non compartían o mesmo ideario político, e certo, mais si os unía o seu apoio a URSS, no que o primeiro visitou en varias ocasións e Valle foi fírmante da constitución da Asociación de Amigos da Unión Soviética  (AUS) xunto a figuras coma García Lorca, Pío Baroja ou Xacinto Benavente. O mesmo Valle-Inclán que por unha orde policial franquista en xaneiro de 1938, foi buscado para ser arrestado a pesar de que levaba dous anos morto. Mesmo tamén se non fora por isto, tamén sería asasinado coma Bovéda.

Notas:

(1)    Castelao pintou este coñecido cadro, baseado na estampa número 6 do libro Galicia Mártir, no ano 1945, en Bos Aires, en homenaxe a seu amigo o intelectual Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936.

No hay comentarios: