Dazibao Rojo hace un llamado a las trabajadoras y trabajadores a participar a pesar del caracter reformista de la cupulas sindicales.
A Continuación reproducimos un comunicado de la coordinadora de luchas A Coruña en Loita de Galiza, que nos han enviado estos compañeros.
Por unha
folga xeral indefinida ata acaída do goberno!
Ás últimas
“medidas”tomadas polo goberno reaccionario de Rajoy, monicreque da banca
internacional, teñen o carácter dunha declaración de guerra total da burguesía
que pretende deixar aos traballadores e traballadoras sen dereitos. Non é
momento parapactos ou negociacions é preciso derrubar ao goberno e as suas
medidas por medio dunha mobilización permanente dos traballadores e
traballadoras, sexan do sector publico
ou das empresas privadas.
As rúas teñen
que ser a mostra diaria do rexeitamento da dictadura dos mercados, dos bancos,
da burguesía.
O Goberno
Central, a Xunta de Feijóo, os partidos
corruptos e por suposto a monarquía borbónica, herdeira directa da dictadura
xenocida do xeral Franco, son os responsables desta crise económica que agora
pretenden arranxar coas “medidas fameadoras”. Mentres os banqueiros que teñen
estafado a milleiros de aforradores e outros corruptos amasan grandes fortunas
en paraísos fiscais os traballadores e traballadores estamos a sufrir despedimentos
masivos, EREs, paro, desafiuzamentos…
Na nosa
cidade e comarca conflictos como á dos traballadores da Torre de Hercules,
victimas dunha vendetta do Concello, ou as traballadoras de Mafecco, os
traballadores de Emesa Trefileria o de Industrias Caamaño son exemplo desta
inxusta situación.
Dende a coordinadora A
Coruña en Loita facemos un chamamento á movilización e mesmo á loita frontal
contra o goberno dos banqueiros e seus cans faldeiros no Parlamento galego ou
nas Cortes, os mesmos que agora pretenden cínicamente abandeirar as loitas.
Non o imos permitir!
A desobediencia frente á opresión, xustificase!
Abaixo o goberno dos empresarios e banqueiros
!
Que os gobernantes representen ao
pobo e non aos mercados!
A Coruña,19.07.12
A Coruña en Loita
No hay comentarios:
Publicar un comentario