COMUNICADO.
Compañeiros e compañeiros, camaradas:
Froito do traballo desenrolado polo noso comité dende a súa fundación no ano 2006, dos debates prantexados na análise da nosa realidade e da loita de dúas liñas a nivel do Movemento Comunista Internacional, na que o Comité de Loita Popular “Manolo Bello” ten sido parte activa, e a incorporación de novas e novos camaradas temos tomado os seguintes acordos:
1. Constituír o Comité de Construción do Partido Comunista maoísta –Galiza, organización, a un novo e superior nivel do traballo, para fornecer ao proletariado da Galiza e a súa vangarda dos instrumentos necesarios para levar adiante, dun xeito vitorioso, a Revolución Socialista.
2. Polo mesmo queda disolto o CLP “Manolo Bello”. Rendindo homenaxe ao camarada Manolo Bello Parga, guerrilleiro comunista da Agrupación da Mariña cuxo nome levamos con orgullo , escollimos a data do 11 de Xullo, no 66 aniversario do seu asasinato na cadea da Coruña, para dar por concluído o noso traballo como CLP.
3. O voceiro dixital Loita Popular deixará de publicarse, quedando ao estudo a sua publicación como xornal comunista independente.
Saúdos vermellos:
Comité de Loita Popular “Manolo Bello”
Galiza a 11 de Xullo do 2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario