Ás portas de San Caetano concentráronse
traballadoras e traballadores das subcontratas de R en loita contra a
decisión de Eukaltel (propietaria de R Cable) de deslocalizar os
servizos, unha decisión que pon en risco máis de mil postos de traballo.
O cadro de persoal mobilizouse diante da Xunta de Galiza esixindo a apertura dunha mesa de negociación con todas as partes implicadas (empresa, contratas, representación social e administración) para abordar o futuro dos postos de traballo e a prestación dos servizos de R desde a Galiza. Unha xestión á que se comprometeu a secretaria xeral de Emprego na xuntanza que mantivo o pasado 1 de agosto coas organizacións sindicais.
Miguel Gago, delegado de persoal en COMFICA (unha das contratas afectadas pola deslocalización) lembrou as millonarias subvencións públicas que R recibiu ao longo destes anos, esixindo que esta inversión reverta tamén no mantemento e a xeración de postos de traballo na nosa terra.
No caso de COMFICA hai arredor de vinte traballadoras e traballadores afectados pola retirada dos contratos, segundo denunciou Gago, a pesar de que nun inicio a dirección negaba que fose haber despedimentos. Ante esa realidade, Gago anunciou que continuarán as mobilizacións "porque o plan de deslocalización de R non variou" e porque "non temos garantía de nada".
Gago denunciou a existencia dun gravísimo problema de deslocalización de postos de traballo, que tanto a empresa principal como as auxiliares “se negan a recoñecer". A raíz das mobilizacións iniciadas polo cadro de persoal Gago sinala que o proceso de traslado "vaise adiando e aplicando aos poucos, nun intento de minimizar o impacto social e desactivar as protestas".
Do mesmo xeito, desde o comité de Indra, Amalia Rey e Daniel Argüelles, sinalaban este 28 de agosto ante San Caetano que “nestes momentos quedan 35 traballadoras no servizo, xa que desde que R falou coa nosa empresa non se lle renovou o contrato a varias persoas eventuais”. Ademais, sinalaron que xa se lle comunicou que haberá un máximo de oito indefinidas que poderían ser recolocadas noutros proxectos unha vez remate o contrato con R".

No hay comentarios:
Publicar un comentario