As maoístas e a autodeterminación catalá
Quedan 80 anos para o 1 de Outubro do ano 2017, e fronte aos
Lerroux e tantos outros “defensores da unidade de España”, a
Internacional Comunista resolve respecto á súa sección española a
reivindicación de independencia de Cataluña. O dirixente comunista
catalán Hilari Arlandis será exemplo heroico desta loita ata a súa morte
en 1939 durante un bombardeo das forzas franquistas. A base para esta
posición era, en síntese, o debilitamento do réxime oligárquico español
que suporía a independencia da nación catalá.
Corenta anos despois de ditadura fascista sostida coa complicidade das chamadas “democracias occidentais”, certos sectores da burguesía monopolista española impulsan unha serie de reformas do réxime franquista que o homologarán con outros estados de Europa occidental na chamada Transición. Fascistas e revisionistas sentan á mesa e establecen unha serie de acordos que apuntalan o dominio centralista burgués sobre o Estado, para o que é condición indispensable a negación do dereito de autodeterminación das nacionalidades. O PCE-PSUC asume agora a indivisibilidade do Estado español con dirixentes coma Jordi Solé Tura, un dos pais da Constitución do 78, na liña das teses da “reconciliación nacional” que arrastraba dende décadas atrás.
Hoxe, no ano 2017, a situación concreta é dende logo distinta en varios aspectos importantes. O Estado español logrou formar parte integral do bloque imperialista da Unión Europea, mentres que o movemento comunista neste vive unha situación xeral de repregamento na súa influencia e recoñecemento entre as masas oprimidas. O actual status das autonomías imposto trala Transición evidénciase a todas luces como un fracaso por parte do Estado de resolver a contradición interna do seu carácter plurinacional.
Non é casual que na Galiza, Euskadi ou Cataluña persista un movemento popular de masas, de menor ou maior hexemonía, que reclama o dereito dos seus pobos a decidir libremente a súa relación coa nación española. Non é casual a existencia dun movemento político, social e armado contra un réxime que trala máscara “democrática” leva reprimindo politicamente, asasinando e torturando a quen cuestiona a unidade do Estado. As maoístas cremos firmemente en que é xusto rebelarse e saudamos a loita histórica do independentismo contra o Estado español, que é o inimigo común que temos o proletariado catalán, galego, vasco ou español. Agora mesmo en Cataluña hai unha crise política que está sacudindo un dos piares do Estado, e entorno á cal ven xirando a política deste nos últimos anos. A poucos días do referendo de independencia do 1-O, as diferentes clases da realidade social do Estado español mediante as súas expresións políticas proclaman as súas diversas posicións, e o movemento comunista non é unha excepción. Sumarse ou non a esta sacudida?

“A tenrura dos pobos”.
Nas últimas semanas puidemos ler a posición dos diferentes destacamentos comunistas tanto exclusivamente nacionais, como daqueles que se organizan a nivel de Estado. Baixo unha declaración unánime de defensa do dereito de autodeterminación dos pobos, o movemento comunista no Estado español divídese actualmente entre aqueles destacamentos que apoian o referendo de independencia do 1 de Outubro e aqueles contrarios a este. Entre mutuas acusacións de nacionalismo, 80 anos de derrota ideolóxica pesan como unha lousa tamén na cuestión nacional, e non cabe falar hoxe de internacionalismo mais que de xeito abstracto.
Na situación actual cremos que, independentemente do número da súa militancia, o importante é que as diferentes organizacións comunistas do Estado español expresen dun modo xusto as ideas e a política do proletariado revolucionario. Así, ante o asunto que nos ocupa, o esencial non é que estas fagan proclamas baleiras de “internacionalismo”, de defensa do “dereito á autodeterminación”; senón que saiban facer efectiva esa defensa, seren internacionalistas nos feitos mesmo nos momentos máis difíciles. Cando o anti-independentismo uniu a fascistas, reaccionarios, socialdemócratas, revisionistas e oportunistas dunha maneira inédita ata agora, as marxistas revolucionarias debéramos ter máis claro que nunca que a propaganda xeral dos principios democráticos en torno a problemática nacional pode ser dende logo necesaria, pero indubidablemente insuficiente.
De novo, a cuestión aquí non é citar axeitadamente a Stalin ou Lenin
(Mariátegui ou Kaypakkaya) nos seus textos clásicos sobre o dereito das
nacións á súa independencia e a posición concreta das revolucionarias
ante este en diferentes contextos históricos. Non é isto o que se
discute, e non debera sorprender a ninguén tampouco o uso como argumento
de autoridade de citas das obras de revolucionarios sobre o tema, nas
que tan habitualmente se petisca para xustificar liñas políticas
oportunistas e revisionistas.
Cómpre, por suposto, estudiarmos atentamente e asimilar as leccións universais do marxismo sobre cuestión nacional; e neste sentido é prioritario para as comunistas revolucionarias voltarmos aos libros. O que non podemos pretender é separarnos da situación real escudándonos en citas de Lenin para seguir na práctica os ditames do inimigo capitalista. Debemos tomar partido nas loitas reais, non enfrontarnos ao mundo doutrinariamente cos nosos principios abstractos de “emancipación de clase” ou “internacionalismo”. Ante o que está acontecendo agora mesmo en Cataluña, o que pode aportar o marxismo é evidenciar a necesaria historicidade máis aló da pouco iluminada identificación de Cataluña como unha nación oprimida pola nación opresora española (conclusión á que nin chega boa parte do movemento comunista no Estado). A análise do desenrolo da contradición nacional que atravesa a historia real da loita de clases no Estado español que sente as bases para un verdadeiro movemento internacional do proletariado.
Afirmar a existencia dunha única clase obreira multinacional que é dividida por maquinacións políticas alleas e ideoloxía burguesa, ignora as moi reais contradicións que existen dentro da propia clase obreira. Teorías como a nacionalista pódense permitir permanecer nun nivel de aparencia, pero reducirse a espetar categorías materialistas vulgares como a de “clase obreira” agardando pasar por riba desta ou calquera outra contradición está ao mesmo nivel. Tal discurso, non importa o ben intencionado que se pretenda, ten un claro fin: asediar a resistencia da nación oprimida en favor da opresora.
Non nos imos deter en dar unha detallada descrición neste documento de como se desprega a opresión nacional dentro dos lindes dun estado do centro imperialista, que cremos á vez non identificable co espolio dos países oprimidos de fóra das súas fronteiras que implica o imperialismo. Isto, dende logo, é unha das tarefas pendentes dun movemento comunista no que mesmo atopamos sectores que asumen a defensa chauvinista dunha única “nación política española” seguindo o romanticismo co que a burguesía sanciona a súa fragmentación estatal (negando así a posibilidade de calquera contradición nacional non resolta), ou por outra banda, organizacións que dende o nacionalismo da nación oprimida renegan da categoría científica de imperialismo equiparándoo á opresión nacional de España sobre o resto de nacións que integran o Estado (chegando, como acontece nunha parte importante do movemento en Galiza, a falar da nación oprimida como unha “colonia”); mais excede a nosa pretensión de darmos agora mesmo dende o maoísmo unha resposta clara e contundente empurradas pola urxencia da situación política actual en Cataluña.
Ocorre hoxe coma onte co oportunismo do noso movemento, que en morte dos grandes revolucionarios faise deles unha icona inofensiva, rebáixase a súa teoría para facela aceptable para a burguesía: acéptase con Lenin o dereito dunha nación á súa independencia política, á súa libre separación respecto a nación que a oprime; e ate a solución do problema mediante un referendo na nación que se separa. O que lle parece inaceptable (co propio Lenin ou Joan Comorera, asegura) é o referendo de independencia catalán do 1-O porque “non o dirixe a clase obreira”, “divide á mesma”, “non ten garantías” e “só reforza a bandeira allea do independentismo”; e por iso chama ao boicot a este.
Vendéndose como unha falsa equidistancia entre “independentistas e constitucionalistas”, procuran reducir a un problema interburgués o que é un problema nacional, que afecta a varias clases, centrándose na dirección de tal capa da burguesía sobre a reivindicación do dereito á autodeterminación sen deterse a analizar o papel democrático xeral e de oposición ao Estado español desta. Un reducionismo que o único que consegue é precisamente seguirlle o xogo ao Estado, que difunde unha narrativa do “procés” como a manipulación dos Puigdemont, Junqueras, Baños, etc. ao pobo catalán ao crear un problema onde non o había para o seu beneficio político particular. A gran miseria do oportunismo aquí, é pór ao mesmo nivel españolismo e independentismo catalán mentres se produce unha represión mediática, política, xurídica e policial ao segundo dende o Estado; a miseria dunha verdadeira “esquerda tricorne”. A súa covardía, non recoñecer abertamente que pide boicotear un referendo de independencia contra os desexos da inmensa maioría do pobo catalán; dar o seu “apoio táctico” (concedamos) ao unionismo que defende a burguesía monopolista española e catalá.
Podemos estar dacordo en que non é tarefa do proletariado revolucionario, subscribir proxecto nacional burgués ningún e o nacionalismo que implica, mais mentres que exista un movemento nacional de masas na nación oprimida, inda encabezado por parte da burguesía (que como non pode ser doutro xeito, emprega este para os seus intereses económicos), teremos que operar neste se pretendemos facer efectivo o noso imperativo categórico internacionalista. A realidade nunca se presenta clara e pura: dende logo que no movemento nacional catalán hai unha burguesía á que tamén debemos enfrontar como a española. Do que se trata agora para as comunistas, é de saber operar neste marco de contradicións para resolver se a independencia de Cataluña responde aos intereses da clase obreira catalá e do resto de pobos do Estado. Todo o demais, fume.
Fronte ao unionismo, afirmamos que non existe entre a clase obreira española e catalá ningunha unidade que romper, senón que construír mediante a práctica do dereito de autodeterminación. O auténtico internacionalismo dunha solidariedade combativa, a hexemonía política revolucionaria, non vai caer do ceo: construirémola as comunistas da man das masas. Quen quere os fins, debe pór os medios. E se do mesmo xeito que para a desaparición das clases sociais cómpre a mediación dun período de ditadura da clase oprimida, a fusión e desaparición das nacións terá que vir mediada pola liberdade de separación das nacións oprimidas. Unha vangarda que, lonxe de promover entre as masas a superación do celo nacional e o desprezo pola legalidade burguesa e as súas fronteiras, chama a asumir a represión españolista e postergar o problema ata o socialismo, está destinada a rematar no contedor de lixo da historia. Trala bandeira da república federal española (tricor ou vermella coa fouce e o martelo), proclama convencida a unidade proletaria dos distintos pobos do Estado nunha futura revolución descontaminada de nacionalismo que hoxe non fai por organizar, espantada de que un destes decida “antes de tempo” a súa independencia nacional.
Por vermello que se vista, este chauvinismo non engana a ninguén. Pregoar que o “procés” diríxeno a mediana e pequena burguesía catalás non descobre nada novo a ninguén. Moito menos ao pobo catalán. O que o movemento popular en Cataluña ofrécenos ás comunistas, é unha lectura na que non se está caendo: sabe perfectamente todo o que se lle achaca (dende que non conta con aliados internacionais que garantan a súa independencia, ata o carácter burgués de quen encabeza o proceso). O que está dicindo non é só que o sabe de sobra, senón que inda con iso e co que sexa, quere a independencia. E estao a demostrar enchendo as rúas e defendendo con uñas e dentes o referendo do 1-O e o seu resultado.
Esta identidade como nación oprimida é froito dunha madurez política que cómpre valorar, non enfrontar. Os pretendidos equidistantes que consideran do mesmo xeito o nacionalismo de nación opresora e oprimida, que non ven o contido democrático xeral contra a opresión do segundo, están en realidade imbuídos no primeiro. Indignados de toparse cunhas masas que se recoñecen no nacionalismo (ás que sempre abandonaron na súa loita pola liberación nacional pese á represión continuada do Estado), ignoran o máis elemental: que foron os nacionalistas españois os que levaron ao pobo catalán a ser nacionalista para seguir sendo catalán. Non nos atoparán dende logo ás maoístas na súa trincheira contra o independentismo, que non caiba dúbida. O importante para nós non é por onde pasa a fronteira do Estado, senón forxar e manter a alianza das traballadoras de todas as nacións para loitar contra a burguesía calquera que for a súa nación; mais lembrámoslle aos unionistas do noso movemento, os cregos da “república federal española” nas súas diversas variantes, que se pretenden por principio frear e debilitar as tendencias á separación das nacións oprimidas, só cabe percorrer o camiño único de asegurar precisamente a liberdade de separación nun marco común de convivencia entre nacións en igualdade real.
A trampa disto, claro está, é que tal alternativa non existe hoxe, e que polo tanto resta tomar partido agora mesmo entre o apoio ao proceso de independencia dunha República Catalá, ou a manter as fronteiras do Reino de España. Quen dende o marxismo asume a segunda opción escudándose na súa covardía ao fascismo, a lidar cunhas masas imbuídas de nacionalismo españolista que non queren oír falar de dereito de autodeterminación ningún, é un oportunista de manual (e isto cando non asume directamente os dogmas do españolismo sumándose ás filas da reacción fascista). Unha vez máis, non hai posibilidade de ter as mans limpas: todo espectador é un covarde ou un traidor.
O referendo do 1-O, abofé, está “rompendo España”. Mais non aínda pola independencia catalá, senón pola clara delimitación (coa forza que só teñen os feitos) no resto do Estado entre internacionalistas e “constitucionalistas” (nas súas diversas pelaxes de “constitucionalismo” máis ou menos aberto). Velaí o grandísimo valor do referendo. O apoio trala represión política e a solidariedade coas vítimas da violencia policial é hipócrita cando se pretendeu antes pasar por riba da contradición cos “nin co independentismo nin co españolismo”, “non hai garantías” ou “o procés está destinado ao fracaso”. A morneza dos que xa non se lles agarda, dos que nada aportan tralo regueiro de sangue dunha ocupación policial: o puro oportunismo de quen pretende enganar a catro incautas condenando coa boca pequena a violencia contra o pobo. Á zaga da represión do Estado tras condenar o referendo. Hai algunha diferencia nesta actitude coa socialdemocracia dos Pablo Iglesias ou Alberto Garzón? Debemos crer tamén ao “camarada” Pedro Sánchez cando expresa o seu “desacordo coas cargas policiais” e “lamenta feridos”?
Mal que lles pese, o pobo non é idiota e dende logo non esquece. Son os mesmos rapidamente retiran o seu apoio suíño cando non hai unha portada sensacionalista dos xornais de Madrid con multitudes protexendo colexios electorais fronte ao asedio policial. Vímolo durante décadas co movemento de liberación nacional vasco, contra o que a guerra sucia prolongada do Estado nunca mereceu a atención destes destacamentos. Tamén na Galiza ignorando ás presas políticas independentistas e a súa dispersión. Mentres caen máscaras, o pobo responde e aperta, e organiza nestes intres unha folga xeral política en Cataluña. As comunistas temos que puxar con el e sermos as máis resoltas na loita e as mellor organizadas, porque esta non vai rematar con referendo ou folga xeral ningunha: haberá que puxar máis e máis, illar ao inimigo, xuntar moitas mans e avanzarmos firmes cara a guerra popular revolucionaria. Neste camiño atoparémonos todas as que nos situamos nun comunismo da revolución, e non nos cabe dúbida, a loita de dúas liñas esclarecerá máis pronto que tarde a moitas camaradas sobre o carácter oportunista da súa organización, para pasar a ampliar as filas do proletariado en armas contra o capital.

En defensa do “Si” á independencia
Fronte a todas estas difusas declaracións xerais que criticamos de apoio ao dereito de autodeterminación de boa parte do movemento comunista no Estado español, desprovistas as máis das veces de calquera contido concreto e emprazando á Historia “ao socialismo”; as maoístas cremos que o movemento nacional catalán ten dereito aquí e agora a establecer un estado de seu por capitalista que for. A defensa internacionalista deste dereito é unha cuestión de principio para nós, e apoiamos sen ningún tipo de titubeo o referendo de independencia deste 1 de Outubro. A nosa posición ante este é, ademais, a favor do “Si” da independencia de Cataluña e de todo método de loita encamiñado a facer esta efectiva.
Somos favorables a esta independencia non dende logo por ningún tipo de principio reitor nacionalista. Tampouco é un apoio es resposta negativa (por xusta que fora) á defensa do proxecto unionista do españolismo que apoian a grande burguesía monopolista española e catalá (interesada en manterse dentro do marco imperialista do Estado español), a Comisión Europea ou a Casa Branca. O marxismo analiza a realidade segundo os intereses lexítimos da clase obreira, non en reacción ao que decide o inimigo. Minte quen predique que o apoio á separación política de Cataluña equivale a asumir o nacionalismo burgués de quen dirixe o proceso de independencia, a unha sorte de “apoio cego á burguesía catalá” renunciando a manter unha independencia ideolóxica propia dende o proletariado. Isto non é senón, como queda máis que demostrado, a autoxustificación de quen pretendendo manter unha falsa neutralidade nesta disputa, ponse de feito do lado da nación opresora. Dende logo, moito máis sinxelo e cómodo escribir catro liñas obvias sobre o liderazgo do PDCat no “procés”, que organizar á clase obreira para a súa autodeterminación política.
A nosa intención non é outra que opornos á opresión dunhas características nacionais por outras, loitar por unha igualdade real nos dereitos de toda nación como mediación necesaria para evitar a estreiteza nacional na nosa clase, a desconfianza e choque entre as proletarias do mundo que permita unha unión internacional efectiva. Superar a separación á que se ven forzadas pola cartografía capitalista. A nosa posición, tan só a manifestación concreta e consecuente no contexto actual da loita de clases no Estado español, contra toda opresión nacional. Mesmo se esta supón enfrontarmos a postura de quen compartindo a bandeira vermella coa fouce e o martelo, fabula sobre hipotéticos escenarios alternativos ao actual movemento democrático catalán no que a contradición resólvese soa; provocarmos unha nova escisión no noso movemento político.
Apoiamos a independencia de Cataluña e asumimos como internacionalistas esta loita como propia dende fóra das súas fronteiras, entanto que entendemos que esta resolverá o conflito nacional actual ao garantir, por unha banda, unha equidade real con España dos seus dereitos como nación pola vía máis radical ao dispor dunha soberanía plena como novo estado; e impedindo, por outra, á reacción española e catalá seguir agochándose trala bandeira nacional para pacificar e controlar a loita de clases (como acontece hoxe por hoxe). A unidade ou non do actual Estado debera xurdir no curso da loita mesma contra as súas institucións, o seu imperialismo, os grandes monopolistas. Unha conciencia de unidade ao servizo da revolución, non de ningún xeito precociñada e imposta por vías abstractas ás masas por “republicana” e “solidaria” que se pretenda. Hoxe, no 2017, Cataluña ábrese paso sen permiso á independencia, e nós non podemos máis que celebrar a derrota práctica deste discurso de “soñada unidade” coa lucidez de quen non quere quedarse atrás na Historia. O enterro do podre proxecto chauvinista español para o que cavamos gostosas o sepulcro.
O exercicio do dereito de independencia permite que o proletariado catalán vexa máis claramente que o problema no fondo non é tanto “España” en abstracto e o seu pobo, senón precisamente a burguesía sexa española ou catalá. Educa, e quizais sexa isto o máis importante, ao proletariado da nación opresora no internacionalismo precisamente nun contexto no que o revisionismo hexemónico no noso movemento é (e foi sempre) chauvinista españolista. É dende a igualdade nacional que proletarias españolas e catalás (e do resto de nacións oprimidas) comprenderán quen son as súas verdadeiras irmás e quen os seus inimigos irreconciliables. Comprender isto é o fundamental da cuestión.
A estes motivos, engádeselle o feito obxectivo de que a independencia de Cataluña debilita ao Estado español a dúas bandas: na súa posición na cadea imperialista da UE (mesmo no caso hipotético dunha Cataluña membro, ao restarlle un peso económico importante), e a nivel interno político ao dotarlle ás masas dunha lección práctica con cada porrazo da Garda Civil e Policía Nacional sobre o abismo entre o que é xusto para elas e a “legalidade democrática” da burguesía, sumado a isto o xa mencionado conflito na propia burguesía entre unionistas e independentistas cataláns. Precisamente, afirmamos que é desta contradición entre o destino ideal do Estado (“democracia”) e os seus supostos reais (represión), que se pode deducir a verdade social (necesidade da revolución violenta). Con cada paso na escalada de violencia do Estado contra o pobo catalán, coinciden cada vez máis aparencia e esencia, e as comunistas non nos podemos permitir deixar pasar de largo un momento histórico coma o presente.
Perdemos o dereito ao fracaso en 1939.
Agudizar esta crise política non vai dende logo traer unha revolución proletaria pola que queda un traballo inmenso que realizarmos, pero si nos dota en calquera caso dun marco xeral de acción máis favorable para a loita de clases co noso inimigo dividido. Agora mesmo hai un desafío ao Estado, e en momentos de debilidade as organizacións obreiras deberan lanzarse á ofensiva. Quen dende o marxismo está chamando mentres a tirar “bandeiras alleas” e voltar á rutina corporativista do sindicato para impedir unha declaración de independencia que “só busca dividir á nosa clase”, presenta tan só unha variante retórica da mesma política do reformismo de Podemos, IU e as diversas Mareas: a chamada ao “diálogo entre ambas partes” e a manter a confianza nas institucións do Estado capitalista “fronte a tolemia do goberno actual”. A promesa hipócrita de pórlle freo a toda a represión do Estado sobre o pobo catalán (e mesmo permitir un novo referendo) a cambio da renuncia á DUI referendada o 1-O, que no fondo aplauden revisionistas e oportunistas.
“O Estado e o seu Dereito ante todo! Mesmo se preferimos falar de III República ou Socialismo”. “Avante co españolismo anti-independentista! Mesmo se nos decantamos pola apoloxía a un patriotismo da Xente, ou facer chamados ao nihilismo nacional intrafronteiras”. Un cinismo tal que chega, mesmo definíndose independentista na súa terra (como acontece no caso galego), a soster estes días pancartas e consignas de apoio á DUI de Cataluña, para nuns meses seguir pedindo o voto que o leve a ter un ministerio nun goberno conxunto cun PSOE que pide abertamente impedir por calquera medio esa declaración de independencia. A quen cren que enganan con tal mostra de adanismo político? Sabemos moi ben do curto percorrido deste carreiro tantas veces transitado antes, e que as aparentes “traizóns” responden en realidade a un substrato material de clase do que non cabe agardar outra cousa. Pero sabemos tamén, e quizais mellor, que recollermos dende o maoísmo a testemuña revolucionaria hoxe implica, ante todo, non crernos inmaculadas agochadas tras uns papeis, e traer a escena unha liña política que transforme esa realidade.
Non imos ser nós quen oculte nada ou minta ás masas. Non imos tapar nunca as dificultades, os erros e fracasos das loitas do pobo; pero moito menos abandonalo á súa sorte, facendo de quinta columna que disolva as súas lexítimas reivindicacións baixo o paraugas do sindicalismo e do parlamentarismo, so pretexto da forza militar do inimigo. Quen sitúa o dereito de autodeterminación, a toma de armas polas masas, ou a revolución socialista nun horizonte difuso para o que non hai mapa concreto, di en realidade dúas cousas: que non ten necesidade nin interese sincero en chegar. É por iso que pode prometer vías legais e “sensatas” (a candidatura electoral, a negociación dun convenio laboral coa patronal, a manifestación en defensa do “Público”, etc.) para unha viaxe tranquila e sen sobresaltos, fronte ao “esquerdismo e aventurismo” de quen non agardamos á Historia.
Mentres o revisionismo esixe ter asegurada a vitoria como condición para (sequera considerar) unirse á loita, as revolucionarias atrévense a loitar, a acadar vitorias. Non lles paraliza o temor ao fracaso. Se a burguesía conta cun Estado de seu no que articula múltiples institucións coercitivas, o proletariado haberase procurar dun Partido Comunista maoísta militarizado. Se a burguesía envía aos seu exército de mercenarios, recibirá por resposta un Exército Popular cunhas filas cada vez máis grandes. Que esteamos aínda moitos pasos por detrás da plasmación destes instrumentos, non quita neste momento que a vangarda comunista debamos posicionarnos co máis avanzado do pobo sen cederlle ao revisionismo e oportunismo do noso movemento ningunha trincheira.
A ilusión polo diálogo, pola “saída política” dun proceso constituínte, deixámoslla a quen pode permitirse o idealismo de que a realidade capitalista responde a un papel (Constitución ou Dereito Internacional), e non a relacións sociais obxectivas garantidas pola violencia policial que lle horroriza ver no seu televisor á noite. A represión é a resposta lóxica do Estado cando algo váiselle das mans, e mostra a verdadeira función deste aparello tralo fetiche. Tal é a razón do ridículo de pedirlle diálogo ao goberno central. A tarefa revolucionaria prioritaria é, precisamente, derrubar esta mitoloxía toda. Cando as maoístas falamos de empregar simultaneamente medios legais e ilegais segundo a súa utilidade momentánea (a renuncia a calquera principio táctico para negar por principio a validez da orde xurídica burguesa na nosa práctica), non é senón para revelar ante as masas o aparello de coacción salvaxe ao servizo da opresión capitalista. Cremos que tal debe ser a actitude das revolucionarias respecto do Dereito e o Estado burgueses.
Se non se evita a desviación de priorizar e facer predominante un tipo de medios sobre outro, e cáese xa que logo no legalismo ou no conspiracionismo (sendo a principal tendencia, como é natural, a legalista), permíteselle de facto á burguesía manter a súa orde xurídica na conciencia das masas oprimidas. Pola contra, a actividade subversiva comunista é precisamente obrigar ao goberno do seu estado a violar o seu propio Dereito, e aos traidores do pobo a apoiar abertamente esta violación. En certos casos (e a situación presente que nos ocupa apunta a que nos atopamos nun destes casos), cando os prexuízos chauvinistas escurecen a mirada do proletariado, dita “violación do dereito” pode resultar ventaxosa para o goberno capitalista nun primeiro momento; pero será unha ameaza cada vez máis perigosa para el na medida en que o proletariado revolucionario comece a autoorganizarse para a súa guerra de clase. Velaquí a explicación (e non outra) de que o Estado español priorice, dende o primeiro momento, a “vía xudicial” ante o proceso de independencia catalán, e que basee a súa represión máis evidente na “necesidade do respecto á legalidade vixente”.
Desta prudencia reflexiva dos opresores nacen as perniciosas ilusións revisionistas sobre a democracia e o tránsito pacífico ao socialismo. Estas mesmas ilusións, son fortalecidas á vez polo legalismo a toda costa dos oportunistas que, á inversa, permite precisamente á clase dominante adoptar unha actitude temporal de prudencia e relativo acougo. Fronte a isto, as maoístas debemos sinalar que a persecución política que sofre Cataluña é exemplo claro do que é un estado capitalista: represión por riba das súas propias leis; e xunto a isto, darmos merecida resposta profundando a fenda aberta polo pobo catalán.
Loitamos convosco. Loitamos por vós.
O Estado español prepara xa unha nova ofensiva e descoida cada vez máis a súa liturxia. O poder xudicial fala xa abertamente de excepcionalidade ou procedementos arbitrarios, admitindo a súa dependencia da iniciativa do Goberno (coma demostran as actuacións da Fiscalía Xeral coas alcaldías catalás que permitiron o referendo do 1-O) e polo tanto, a ausencia real de división de poderes. O monarca Felipe VI non dubida en facer chamados políticos por televisión contra o separatismo pese a que a propia Constitución prohíbello expresamente. Os medios de telecomunicación centran a súa programación en maratonianas mesas de debate entre politólogos e xornalistas que intentan explicarse “como se chegou a toda esta loucura” tras 7 anos de “procés” desapercibidos para a maioría deles; mentres que pola súa parte, organizacións fascistas gañan a cada día que pasa máis terreo, logrando mobilizar a sectores cada vez máis numerosos das masas españolas, e servindo de vangarda civil ás forzas policiais en impunes “cazas de independentistas” polas rúas de Barcelona.
Rajoy apraza todo o posible unha suspensión da Autonomía e encarceramento da práctica totalidade do Parlament para as que ten o terreo preparado dende hai meses, consciente de que unha vez aplique o infame artigo 155 da Constitución con todas as súas consecuencias (algo para o que conta cun declarado apoio da gran maioría da “oposición” do Congreso e do Senado) ábrese a porta á implantación dunha zona militarizada permanente en territorio catalán, que admitiría a todas luces a situación de “excepcionalidade” do Estado (xerando así un problema político moito maior do que ten, que sen dúbida hipotecaría o futuro do seu partido). A esquerda parlamentaria súmase á defensa do Estado do que dependen os seus ingresos, e completa o discurso ideolóxico pola Unidade ao tempo que calcula expectante o seu salto ao hemiciclo do goberno: ben dende a condescendencia comedida en oposición ao apoio decidido de Ciudadanos (PSOE), ben dende a disensión aparente que chama á “sensatez común entre partes” dunha España plural (IU-Podemos).
Como vimos dicindo ao longo do texto, erra senón minte, quen vexa en todo isto nada máis que unha rifa entre partidos políticos. Isto non é “golpe de Estado” ningún, non é dende logo “fascismo” nin un “Estado de excepción”. Non alomenos polo do momento dende a nosa perspectiva. Cremos importante sinalar que é o normal desenrolo dun Estado burgués democrático, precisamente para non pór ilusión algunha nas masas na Democracia capitalista. Quen afirma que isto soluciónase cunha moción de censura a Rajoy, quizais debera cuestionarse seriamente antes sobre como actuaría o seu candidato ante unha sentencia “legal e democrática” do TC en contra dun prometido “referendo pactado de independencia” en campaña, e ante os disturbios populares ilegais consecuentes.
Ante este desolador panorama xeral, que se ve agravado para as masas catalás pola imposibilidade de confiar a defensa do resultado do pasado 1-O a uns PDCat e ERC máis que dispostos “ao diálogo” con España, ou a unha CUP que fala de defender a independencia con sorrisos, resistencia pasiva e cazaroladas fronte a militares armados; as maoístas lembramos unha vez máis que o factor decisivo sempre é a forza, e que polo tanto, só cabe unha defensa efectiva da independencia de Cataluña polas armas. Non nos cabe dúbida, o pobo catalán chegará máis cedo que tarde a esta mesma conclusión, e non lle caiba dúbida tampouco, poderá seguir contando coa nosa combatividade solidaria chegado ese momento. Hoxe como hai 80 anos, a causa do pobo catalán pola súa independencia é tamén a nosa e a de todas as revolucionarias do mundo. Ante este novo camiño que se nos abre, organicemos as nosas forzas e non nos deteñamos ata acadar os nosos obxectivos.
Galiza, outubro do 2017
Comité de Construcion do Partido Comunista maoísta da Galiza
No hay comentarios:
Publicar un comentario