miércoles, 29 de mayo de 2019

GALIZA: Un artigo do compañeiro Xosé Portela analiza o fracaso eleitoral da Marea Atlantica na Coruña.

La imagen puede contener: una o varias personas y texto

O DESENGANO

Subíronse, Xulio e o resto, a unha marea de mobilizacións que nos anos previos ás eleccións de 2015, contestaron as políticas do PP en practicamente tódolos ámbitos, modelo de cidade, pelotazos urbanísticos... e, dun xeito salientable, aos desafiuzamentos e desaloxo realizado en Elviña a finais de 2014 para a execución doutro pelotazo urbanístico no Ofimático e a ampliación da Avda. De Alfonso Molina para beneficiar a AUDASA. As circunstancias posibilitaron o caldo no que se cociñou Marea Atlántica, unha alternativa que, para moita xente, era crible ao se conformar ao calor das mobilizacións.
O globo foise des inflando paulatinamente. Os movementos sociais, poño como exemplo STOP Desafiuzamentos, un dos máis activos naquel momento, ou ben se fagocitaron ou se dulcificaron, coa finalidade de limitar a súa actuación, algún outro como o ocorrido coa Insumisa, primeiro apoiouse pero, posteriormente, respondeuse ás presión dos sectores máis reaccionarios da cidade que aducían un interese económico, cun desaloxo que nada tivo que envexar tanto na represión policial como xudicial aos realizados polo PP. Algo similar ocorreu con Proxecto Cárcere ao que primeiro se lle adxudicou a xestión dunha pequena parte da mesma e que posteriormente se lle retirou enterándose desa circunstancia pola prensa.
Mentres que compromisos adquiridos durante a campaña remataron os catro anos no caixón (modificacións do plan urbanístico de Elviña que asegurase a desafectación das vivendas situadas preto da avenida. Modificación do plan para que nas Durmideiras non se edificase máis. Conflito d@s traballador@s da Torre de Hércules. Remunicipalizacións. Carril bus...). Os que conciliaban o interese dos poderes económicos da cidade déuselles o pulo necesario para que avanzasen (Ofimático, Fillos de Rivera, edificio Fenosa...).
O antes sinalado non o é todo, son simples exemplos, pero o ocorrido durante os catro anos levou a que moitas persoas que confiaban na Marea sufrisen un proceso de desengano. Este feito unido aos votos que a candidatura tiña “prestados” doutras forzas concluíu no batacazo sufrido o día 26.

No hay comentarios: