miércoles, 25 de octubre de 2017

GALIZA: Chamamento do CC do PC-maoísta da Galiza "Loitar en defensa dunha Catalunya libre!"



Loitar en defensa dunha Catalunya libre!

Ao pobo traballador:

A destrución das institucións cataláns e súa usurpación en base do artigo 155  polo goberno reaccionario da oligarquía española teñen que ter non so unha resposta popular en Catalunya, senón en todo o Estado español.


Fronte a compracencia dos partidos políticos do réxime e seus vergoñentos aliados é preciso erguer unha forte resposta dos pobos oprimidos polo Estado español, en base do internacionalismo proletario, esta tense que concretar na constitución de organismos de loita popular ou asembleas populares de apoio ao pobo catalá. Organismo amplos, de fronte, capaces de mobilizar aos sectores democráticos e progresistas do pobo a tódolos niveis, capaces de facer fronte a represión do réxime, mesmo a ilegalización dos partidos que non se dobreguen ao Estado español e súa constitución monarco-fascista.

Chamamos a unha grande unidade contra a deriva autoritaria e fascista do réxime do PP e as súas comparsas do PSOE, Cidadáns, EU e demais partidos deste podre réxime. 
Grande unidade de tódolos sectores e camadas populares do noso pobo traballador en defensa dos Dereitos do Pobo:


Polo dereito de Autodeterminación dos pobos!

Polos dereitos democráticos de expresión e manifestación!

Preparar a Folga Xeral Revolucionaria!


Guerra Popular ata o Comunismo!


Pola República Popular Galega! 

Galiza, 25 outubro do 2017
“Ano do Centenario da Grande Revolucion Socialista de Outubro”

Comité de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza.

 

No hay comentarios: