APOIAR A LOITA DO POBO TURCO E DO
NORTE DO KURDISTÁN !
Diante
da criminal actuación das autoridades turcas contra manifestantes, que dun
xeito pacifico amosaban o seu rexeitamento a un novo plan especulativo na praza
Tarzim de Istambul o Comité de Construción do Partido Comunista maoísta de Galiza manifesta:
1 A nosa solidariedade
internacionalista coas amplas masas que sen medo, dun xeito heroico, enfrontan
a represión dun réxime que baixo a dirección do feixismo islámico é unha ditadura
opresora, punta de lanza do grupo bélico e criminal da OTAN.
Á necesidade dunha denuncia activa
do réxime islamo-feixista polos pobos do mundo.
Así mesmo un claro deslinde coas autoridades asasinas e corruptas do réxime islámico esixindo o seu illamento
internacional, a posta en liberdade inmediata
dos detidos e detidas e o castigo para
os responsables destes crimes.
3 Á nosa solidariedade coas organizacións
comunistas e revolucionarias da Turquía e Norte do Kurdistán e particularmente
rendemos homenaxe aos e as camaradas das organizacións maoístas que teñen levado
consecuentemente, mesmo a custo das súas vidas, a Guerra Popular revolucionaria,
bandeira vermella da vitoria revolucionaría.
Facemos
un urxente chamado ao noso pobo traballador, a súas organizacións políticas e
sindicais a amosar publicamente o seu repudio a estes crimes, organizando todo
tipo de accións de solidariedade cos traballadores e traballadoras, estudantes,
artistas en loita contra o reaccionario réxime
turco.
Galiza, 5 de xuño do 2013
Comité de Construción
Partido Comunista maoísta - Galiza
No hay comentarios:
Publicar un comentario