Ferrolterra paralízase e sae masivamente á rúa nunha folga xeral histórica
prazapublica
Coma se fose un domingo. Ferrol amenceu este mércores
paralizada por unha folga xeral unitaria, convocada por CCOO, UGT, CIG e
USTG para "exixir solucións" ante a grave crise económica da
súa bisbarra e tamén das comarcas de Eume e do Ortegal. A taxa de paro
superior ao 30%, o peche continuo de empresas, a emigración e o
desmantelamento de sectores como o naval ou o eólico provocaron unha
resposta histórica nun paro que transcorre sen incidentes e coa
presenza de piquetes que nin tan sequera tiveron que actuar ante o apoio
e solidariedade da cidadanía. A indignación do pobo ferrolán
culminou nunha masiva manifestación na que milleiros de persoas
ateigaron as rúas berrando por un presente, pero tamén polo seu futuro.
Foi un paro total, do 100%, segundo as centrais, aínda que a Xunta cifrou o seguimento na administración xeral e nos organismos dependentes nun 16%.
Os incidentes foron mínimos, agás a tradicional concentración de piquetes ás portas de Alcampo para evitar a súa apertura ou algún enfrontamento con algún camioneiro illado que intentaba levar a cabo a súa xornada habitual. Tampouco se rexistraron altercados nunha manifestación histórica. Milleiros de persoas -unhas 50.000 segundo varios cálculos- das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal saíron ás rúas da cidade para amosar a súa indignación pola falta de solucións á grave crise económica que golpea a zona, pero tamén para reclamar medidas urxentes ante a falta de respostas ao desmantelamento de sectores estratéxicos claves como o naval, presente sempre nas proclamas e na mente de todos os manifestantes.
Todos os sindicatos celebran xa o "éxito" do paro xeral e reclaman ao Goberno galego que cumpra cos seus compromisos coa comarca e co naval, farto de tantas promesas incumpridas. Así, desde CIG-Ferrol xa piden á Xunta que "tome nota" da resposta da cidadanía e que achegue xa "solucións políticas, porque todos dependemos das decisións políticas", para arranxar unha crise que está a provocar unha "emerxencia social".
A clave do éxito desta folga xeral, segundo as centrais sindicais, está no feito de que "todas as familias de Ferrolterra" estean afectadas dunha ou doutra maneira polo paro e a crise económica. "Sabemos de xente que está a sacar os seus fillos dos estudos porque non os poden pagar", reflexiona Manel Grandal, co-secretario comarcal da CIG, que entende que "todo o mundo reacciona cando lle tocan o peto". E nesta comarca, non hai quen non estea sufrindo as consecuencias dunha recesión que se ceba de maneira especial na zona. Pelexan polo presente e polo seu futuro.
Industria, áreas comerciais, hostelería e Navantia amencen sen actividade na comarca de FerrolterraOs sindicatos destacan que a industria quedou paralizada, ao igual que as grandes áreas comerciais como o Odeón, onde os establecementos espertaban xa pechados no momento no que os piquetes se dispoñían a levar a cabo a súa rolda habitual. Río do Pozo, Vilar do Colo, Penapurreira u Os Airíos están baleiros. Os operarios do lixo non recolleron os colectores e a quenda de noite de Navantia non traballou, do mesmo xeito que o Concello, onde os bombeiros desbloquearon a entrada pero onde non hai actividade. Empresas en grave crise ou ameazadas de peche, como Alstom e Megasa, secundaron a folga, Reganosa traballa con servizos mínimos e o pequeno comercio e a hostelería do centro non só pechou as súas portas, senón que apoiou con carteis nas fachadas este histórico paro.
Foi un paro total, do 100%, segundo as centrais, aínda que a Xunta cifrou o seguimento na administración xeral e nos organismos dependentes nun 16%.
Os incidentes foron mínimos, agás a tradicional concentración de piquetes ás portas de Alcampo para evitar a súa apertura ou algún enfrontamento con algún camioneiro illado que intentaba levar a cabo a súa xornada habitual. Tampouco se rexistraron altercados nunha manifestación histórica. Milleiros de persoas -unhas 50.000 segundo varios cálculos- das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal saíron ás rúas da cidade para amosar a súa indignación pola falta de solucións á grave crise económica que golpea a zona, pero tamén para reclamar medidas urxentes ante a falta de respostas ao desmantelamento de sectores estratéxicos claves como o naval, presente sempre nas proclamas e na mente de todos os manifestantes.
Os sindicatos destacan a solidariedade da cidadanía, que apoia masivamente o paro xeral e que saíu masivamente á rúa
Todos os sindicatos celebran xa o "éxito" do paro xeral e reclaman ao Goberno galego que cumpra cos seus compromisos coa comarca e co naval, farto de tantas promesas incumpridas. Así, desde CIG-Ferrol xa piden á Xunta que "tome nota" da resposta da cidadanía e que achegue xa "solucións políticas, porque todos dependemos das decisións políticas", para arranxar unha crise que está a provocar unha "emerxencia social".
A clave do éxito desta folga xeral, segundo as centrais sindicais, está no feito de que "todas as familias de Ferrolterra" estean afectadas dunha ou doutra maneira polo paro e a crise económica. "Sabemos de xente que está a sacar os seus fillos dos estudos porque non os poden pagar", reflexiona Manel Grandal, co-secretario comarcal da CIG, que entende que "todo o mundo reacciona cando lle tocan o peto". E nesta comarca, non hai quen non estea sufrindo as consecuencias dunha recesión que se ceba de maneira especial na zona. Pelexan polo presente e polo seu futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario