viernes, 18 de febrero de 2011
Exipto e Túnez; a forza das masas. Un artigo de Miguel Alonso para Correo Vermello
Tras 18 días de mobilización permanente das masas populares exipcias, no Cairo e as principais cidades do país, o odiado ditador Mubarak tivo que renunciar a pesar do apoio dunha parte do Exercito e dos sectores mais reaccionarios do réxime.
Esta revolta popular, como a vivida en Túnez, parece ter sorprendido a todos, menos ás masas de desherdados que os despóticos e corruptos réximes crearon. Tampouco aos miles de mozos e mozas, fillos das clases populares, que rematados os seus estudos só teñen como alternativa a emigración.
Esta situación é xeneral aos países semi-coloniais do norte de África, polo que a faísca de Túnez pode facer arder toda a pradaría.
O permanente bloqueo da realidade polos mass media imperialistas e o seu afán de presentar como democracias estes réximes, cáese cando a confrontamos coa verdadeira loita de clases que se desenvolve nestes. Os mesmos que minimizan a importancia do movemento obreiro e de clase para resaltar o perigo islamita
As camarillas da burguesía compradora, incluída unha importante parte do xeneralato, amasan grandes fortunas coa súa política de opresión e corrupción a todos os niveis, servindo de gardiáns da "orde" das potencias imperialistas.
Tanto en Túnez coma en Exipto a base mais firme do poder dos satrapas foi e é o Exercito, polo que foi recompensado e mimado. É por isto que, na actual fase (parecida á revolución de 1905 en Rusia a que Lenín calficou como de ensaio xeral) dos procesos que se dan nestes paises, pensar ou presentar ao exercito como garante dos intereses do Pobo é unha falsidade que oculta a manobra de "cambialo todo para que non cambie nada".
Agora ben ese é o punto de vista dende o cuartel xeral da reacción pero dende o das masas, hoxe mais consentes, "que elas fan a historia", non se dá todo por resolto. En Túnez o Ministro de Exteriores tivo que dimitir do "goberno provisional" pola súa actitude aduladora coa súa homologa francesa. Funcionarios do propio ministerio apupárono á súa chegada.
Nos dous países unha onda de reivindicacións salariais e sociais paraliza sectores extrategicos da economia. Fíltrase que crearon comités populares e é un feito coñecido, aínda que ocultado, que todas as comisarias da policía (tanto en Túnez coma en Exipto) foron asaltadas e saqueadas quedando as armas en mans do pobo.
A formación dun partido proletario organizado representa hoxe a tarefa mais urxente e debemos de confiar que as masas e os seus elementos de vangarda acometeran esta historica tarefa co mesmo valor e heroismo que ocupou prazas e rúas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario