viernes, 13 de junio de 2014

GALIZA: Concentración en apoio do pobo brasileiro na Coruña.



COMUNICADO pola Concentración dentro da Campaña Internacional:
SE NãO TIVER DIREITOS NãO VAI TER COPA!

O Movemento de Loita Popular (MLP) convoca para hoxe, xoves 12 de xuño, ás 20.00hrs. unha concentración en apoio ao pobo brasileiro.
Dita concentración terá lugar na simbólica fonte de Catro Camiños da Coruña, co obxectivo de amosar a nosa solidariedade co pobo brasileiro, fortemente reprimido nas últimas semanas por denunciar nas rúas o impresionante desvío de fondos económicos do Goberno brasileiro para financiar a Copa Mundial da Fifa.
Deste xeito, dende a Galiza o MLP incorpórase á campaña “Se não tiver direitos, Não vai ter Copa”, promovida pola sociedade civil brasileira dende finais do mes de xaneiro e, a día de hoxe, articulada xa a nivel mundial. Como sinalan, “Os protestos convocados não são, em sua essência, contra a realização em si da Copa. Esta não é a reivindicação central. O ponto fundamental das manifestações são as violações a direitos causadas pelos eventos esportivos, que são muitas, inúmeras, e gravíssimas.”

Algúns datos do despilfarro
Os gastos estimados para esta Copa do Mundo ascenden xa a arredor de 11.000 millóns de dólares que, en boa parte, non voltarán ser usados despois da Copa e que levan consigo mortes debido á falta de seguridade e de condicións laborais mínimas. Mentres, o pobo brasileiro reclama melloras en servizos básicos coma sanidade, ensino, transporte público e vivenda, así como o respeto dos dereitos humanos máis elementais.
As mobilizacións sucédense dende hai máis dun ano, sendo duramente reprimidas polo Goberno brasileiro a través da Policía e o Exército.
Mobilizacións e represión
Durante a final da pasada Copa de Confederacións, os propios xogadores das seleccións española e brasileira notaron os efectos dos gases lacrimóxenos lanzados pola Policía no exterior do estadio. Ése é o clima no que ten que vivir o pobo brasileiro dende que comezaron os preparativos para a cadea de megaeventos que están a ter lugar no Brasil nestes anos (Xornada Mundial da Xuventude, Copa Confederacións, Copa Mundial, Xogos Olímpicos...).
Dende que comezaron as mobilizacións Passe Livre polo transporte público (Xuño 2013), as máis potentes dos últimos 20 anos en Brasil
pola mellora das condicións de vida da poboación e en contra da corrupción política e o gasto de cartos públicos alleo ás verdadeiras necesidades das persoas.
A reacción do Goberno foi aumentar o gasto e número de efectivos policiais e militares para reprimir esta vaga de mobilizacións e detidas, ó que hai que engadir mortes coma a de Emanoel, un xove de 17 anos
arrollado por un vehículo blindado. É de resaltar que a Policía brasileira é a responsable de aproximadamente 2000 mortes cada ano.
Aínda máis dura é a situación nas favelas, únicos espazos nos que a poboación máis pobre e vulnerable atopa refuxio. Os desaloxos forzosos, integrados nunha política xeral de lavado de cara, supoñen a perda de vivenda para arredor de 170.000 persoas en todo o país e a violenta e constante presenza policial e militar. Mortes como a de Douglas Pereira ou a de Amarildo de Souza evidencian a política criminal do Goberno brasileiro.
Racismo e machismo no Brasil do Mundial
Outro dos motivos que nos levan a solidarizarnos co pobo brasileiro é o trasfondo profundamente racista e machista que se agocha detrás do Mundial e da actuación institucional.
Por un lado, a represión nas favelas ten un compoñente de limpeza étnica moi mal disimulado, dado que “curiosamente” a poboación deses barrios é, ademáis de pobre, maioritariamente negra.
Por outra banda, a Copa do Mundo de Brasil é un claro exemplo de mercantilización do corpo das mulleres e das nenas. Abundan os estudos sobre o aumento exponencial da explotación sexual vencellado a macroeventos deportivos como este. Refórzase a visión das mulleres (e das mulleres brasileiras en especial) como un obxecto de consumo máis
dentro da oferta turística, papel lexitimado dende as institucións: nas leis para regularizar a prostitución preténdese garantir a seguridade dos clientes, obviando os dereitos das mulleres.
Solidariedade
Por estos motivos, convocamos a asistir á concentración na Fonte de Catro Camiños hoxe ás 20h para manifestar a solidariedade co pobo brasileiro en loita contra os abusos orquestados pola FIFA para o beneficio das grandes corporacións transnacionais.

Non podemos permitir que os dereitos humanos sexan secundarios ante os intereses do capital!

O seu progreso é a nosa ruína!!

Se não tiver direitos, não vai ter Copa!!

Nâo vai ter Copa na Coruña
correovermello-noticias
A Coruña, 12.06.14
Medio centenar de persoas asistiron onte a unha concentración da campaña Nâo vai ter Copa na centrica plaza de Catro Camiños, na Coruña. Esta campaña internacional levada adiante na Galiza polo MLP é unha denuncia do despilfarro e dos negocios do goberno brasileiro e mais da FIFA que vai en contra dos intereses do pobo do Brasil.-

2 comentarios:

ADV CLAN dijo...

Obrigado pelo apoio! Vagner Branco, Brasil

ADV CLAN dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.