domingo, 19 de noviembre de 2017
GALIZA: Publican libro sobre a operación Green Hunt.
A Asociación Internacionalismo Proletario de Galiza acaba de publicar un libro do Antropólogo Social e coñecido sindicalista Adolfo Naya, titulado: Operación "Cacería Verde": As prácticas sociais xenocidas da estratexia de contrainsurxencia "Corazóns e Mentes".
Dende o Comité de Apoio a Guerra Popular na India pensamos que é un estudo moi importante, xa que proba que a Operación "Cacería Verde" e as políticas que está a realizar o Goberno da India son un xenocidio, non só contra as comunidades Adivasis e Dalits, senón tamén contra os maoístas.
Nun análise comparativo con xenocidios e coa estratexia de contrainsurxencia denominada "Corazóns e Mentes" a cual foi aplicada en Malaisia, Indonesia, Guatemala, O Salvador ou o Perú, o autor desvela as prácticas xenocidas que esta estratexia de contrainsurxencia empregou no pasado e que está a empregar no presente no caso da India.
Dende o Comité de Apoio a Guerra Popular na India recomendamos a lectura deste libro non só para coñecer o que está acontecer na India dende unha perspectiva político-militar, senón tamén para coñecer como é esta estratexia de contrainsurxencia e como foi aplicada en moitos lugares do múndo.
Aquí deixamos un par de estractos do libro:
"Á vista das características expostas na presente investigación resulta bastante evidente que os ataques que están tendo lugar na India contra os pobos Adivasis e Dalits –tanto aqueles que resisten pacificamente, como aqueles que pertencen ao movemento armado maoísta-, é un xenocidio. Está claro que “en parte” algúns grupos nacionais da India están sendo eliminados có obxectivo de alterar as relacións sociais dentro da propia nación.
A aniquilación non está sendo espontánea: é unha destrución sistemática destinada á eliminación da “parte rebelde” e a transformar ao resto dos grupos nacionais, redefinindo a súa forma de ser, as súas relacións sociais, o seu destino e o seu futuro. É a aniquilación das que resisten e practican outra maneira de ver as relaciones sociais e económicas. É a guerra de clases aplicada na súa fase superior, o xenocidio."
"Por iso, a única alternativa para a supervivencia dos pobos Adivasis, Dalits e militantes naxalitas que creen noutra sociedade, é un cambio radical da sociedade semifeudal e semicolonial da India; así como o apoio e a solidariedade internacional para deter esta masacre e que poidan avanzar no seu obxectivo de construír unha nova sociedade sen clases, castas, racismo e patriarcado."
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Saludos especiales!. Será posible conseguir este libro OPERACIÓN GREEN HUNT en español y donde estaría quizás en PDF.
Por favor en caso de esa posibilidad hágamelo saber les agradeceré de manera fraternal.
Gracias, MARGONZA.
Compañero Ivan:
Podriamos conseguir un ejemplar para enviartelo pero solo lo hay en galego/portugues.
El precio es 10 €.
Saludos rojos:
DR-redaccion
Gracias por la respuesta oportuna, pero lo necesitamos en español pues aqui para los campesinos es español su lengua madre.
Esperar hasta que haya la oportunidad de tenerlo y ustedes mil gracias por su disciplina proletaria!.
Publicar un comentario