“Para chegar à libertaçâo completa, os povos oprimidos devem
apoiar-se em primeiro lugar na sua própria luta, e só despois na ajuda
internacional. Os povos cujas revoluçôes ja triunfaran deben ajudar aos que
ainda lutan pola sua liberaçâo. Esse é nosso deber internacionalista.”
Mao Tse-tung (1963)
Ao Pobo traballador galego:
No día da Patria Galega, o Comité de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza quere saudar as masas do pobo traballador galego e render un sentido homenaxe a tódalas e tódolos os heroes que teñen dado súa vida pola clase obreira e o pobo traballador.
Estamos a vivir unha situación de permanente agresión da burguesía contra
os dereitos, mesmo democráticos, dos traballadores e traballadoras, mais temen
contra a nosa terra, vendida a empresas multinacionais mineiras ou madeireiras.
Saudamos particularmente as organizacións e as masas que téñense organizado
para loitar contra o espolio!
A burguesía financeira, fracción especuladora e parasitaria que a nivel
internacional impón a gobernos monicreques como o do Estado español,
seus ditados profundamente lesivos para a clase obreira e o pobo traballador.
O vello Estado español, a monarquía herdeira do franquismo e mesmo as súas
Autonomías carecen de toda lexitimidade para decidir o noso destino.
Na Galiza, vemos bancarrota total do electoralismo de falsa esquerda, no
espectáculo dos pactos e o reparto dos postos e soldos. Carecen de calquera
lexitimidade para falar en nome do pobo!
Os vellos partidos políticos do sistema, incluída a chamada “esquerda,” non
son, nunca o foron, instrumentos ao servizo do pobo, como moito teñen a función
de maquillar e lexitimar o vello Estado.
Hoxe na Galiza, o proletariado carece dun partido de novo tipo, un partido
diferente a tódolos da burguesía e seu sistema capitalista de explotación.
A construción do mesmo é tarefa central, para que no marco de Revolución
Socialista fagamos realidade a proclamación dunha República Socialista da Galiza,
que en pé de igualdade cos demais pobos da península Ibérica decida o seu
destino.
A construción deste partido, armado coa ideoloxía revolucionaria do
marxismo-leninismo-maoísmo é o único garante de avanzar na revolución, que poña
fin á opresión de clase e nacional.
Partido vencellado as tarefas da Revolución Proletaria Mundial, que
aplique, dun xeito dialéctico, a ideoloxía proletaria as condicións concretas
da revolución na Galiza. Para iso precísanse os mellores fillos e fillas da
clase obreira e do pobo traballador galego, dispostos a loitar por unha nova
Galiza. Adiante!
Coma comunistas galegos, neste Día da Patria,
facemos un enérxico chamado internacionalista ao pobo e as súas organizacións,
para apoiar os procesos revolucionarios de guerra popular, na India, nas
Filipinas, na Turquía ou no Perú, que fan parte fundamental da Revolución
Proletaria Mundial.
Viva o Día da Patria Galega!
Viva a futura República Socialista da Galiza!
Viva o Marxismo-Leninismo-Maoísmo!, invencíbel ideoloxía do proletariado!
Viva o Proletariado galego parte indivisible do proletariado internacional!
Abaixo o vello Estado español e tódolos explotadores!
Galiza, Día da Patria Galega 2019
Comité de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario