lunes, 28 de septiembre de 2015

TURQUÍA E KURDISTÁN NORTE: Enterran en Ankara a Maior da Xendarmeria morto en combate coa guerrilla da HPG.




 DHA photo


correovermello-noticias
Ankara, 28.09.15
Coa presencia de altos persoeiros do goberno do islamista AKP e da cupula militar foi soterrado, onte en Ankara, o maior da xendarmeria, morto polas feridas recibidas nun combate na aldea de Yapakli, contra forzas das HPG o pasado día 26 de setembro.
Tamen informa a prensa turca, que dous soldados resultaron mortos, nun ataque guerrilleiro a un posto da xendarmeria, no distrito de Beytussebap, na provincia de Sirnak, según fontes da Gobernación da provincia. 
A axencia noticiosa Dogan, da conta dunha nova emboscada da guerrilla kurda contra un APC militar na provincia oriental de Bitlis. Máis de vinte soldados resultaron feridos por unha carga explosiva accionada a control remoto ao paso do vehiculo, perto dun Clube de Oficiais no distrito de Tatvan, as 7:45 am. de hoxe. Tense deplegado un amplo operativo militar na procura dos guerrilleiros, según o reporte da axencia.

No hay comentarios: