lunes, 29 de diciembre de 2008

Galiza; a CIG condea masacre israelí.


A CIG manifesta a súa repulsa contra do masacre israelí en Gaza, e a súa solidariedade con Palestina


A Confederación Intersindical Galega manifesta o seu completo rexeitamento e repulsa contra destes actos criminais que provocaron –polo momento- a morte de 300 e feriron a máis de 1500 palestinos, e reclama un pronunciamento e sancións por parte das Nacións Unidas. Chama tamén ás institucións galegas a pronunciarse e ao conxunto da sociedade a manifestar a súa repulsa.
Perante o masacre provocado polos atroces bombardeos contra a poboación civil por parte do exercito de Israel no territorio palestino de Gaza, despois de meses de asedio, a Confederación Intersindical Galega quere manifestar publicamente, o seu completo rexeitamento e repulsa contra destes actos criminais que provocaron –polo momento- a morte de 300 e feriron a máis de 1500 palestinos, e que destruíron infraestruturas civís -como son vivendas ou a propia universidade-, así como a nosa profunda solidariedade co pobo palestino.
Queremos denunciar a completa ilexitimidade destas accións imperialistas, e reclamamos un pronunciamento contundente das Nacións Unidas que esixa ao estado de Israel a fin inmediata de toda acción militar contra do pobo palestino, o cese do bloqueo e o desmantelamento do muro da vergoña en Cisxordania, así como o inmediato cumprimento das resolucións promulgadas a respecto da cuestión palestina.
Reclamamos tamén que as Nacións Unidas procedan a impoñer sancións contra Israel, polo reiterado incumprimento das súas resolucións, agravado polos bombardeos contra obxectivos civís, tipificados como crimes de guerra pola IV Convención de Xenebra.
Así mesmo, instamos ás institucións galegas a pronunciarse sobre esta situación e a expresar a súa rotunda condena, e animamos ao conxunto sociedade galega a manifestar a súa repulsa.

No hay comentarios: