Ao profesorado e ao estudantado da
Galiza
Compañeiros e compañeiras:
A convocatoria de folga xeral no
ensino o vindeiro dia 24 de outubro é unha tardía resposta as medidas adoptadas
contra os traballadores e traballadores e contra mocidade coa chamada “Lei
Wert” polo goberno reaccionario burgués de Mariano Rajoy, fiel lacaio do FMI,
BM e da UE.
Temos que facernos unha pregunta;
¿chega esta mobilización para frear as reformas reaccionarias no ensino, na
sanidade, nos dereitos dos traballadores e traballadoras?
Nós
pensamos que non ! Por moito que dirixentes
sindicais e políticos do vello réxime borbónico afirmen que hai que negociar
coa patronal e o goberno.
Nós pensamos que tal pacto non seria
mais que unha nova traizón á mobilización, aos intereses da clase obreira e ao
pobo traballador.
Tampouco o caduco electoralismo é a
solución, mais ben é mais do mesmo; engano, corrupción e privilexios.
Nós pensamos que temos que traballar,
neste intre, por un gran pacto das forzas
populares revolucionarias, tanto na Galiza como no Estado español, mais para
a convocatoria dunha Folga Xeral
Indefinida que derrube ao goberno reaccionario e que poña fin á monarquía herdeira
do franquismo.
Neste novo marco coidamos necesario na
Galiza:
·
Construción dun goberno
provisorio, obreiro e popular que convoque unha Asemblea Constituinte na
Galiza.
·
Á proclamación da República
Socialista Galega.
Non son simples desexos, si definimos
con claridade os nosos obxetivos, hoxe
podémolo lograr si estamos dispostos a loitar dun xeito consecuente.
Galiza, outubro 2013
Adiante a loita obreira e popular !
Comité
de Construción do PC maoísta da Galiza
No hay comentarios:
Publicar un comentario