COMUNICADO.
Diante da onda represiva contra a persoas que se manifestaban o día 25 en Madrid e o día 26 contra a folga xeral en Euskal Herria, con ducias de feridas e detidas, o Movemento pola Base fai pública a súa enérxica condena da actuación dos corpos represivos do goberno reaccionario do Estado Español e do goberno vasco.
O Estado Español, cárcere de pobos, enfronta unha crise xeneralizada tanto do modelo económico como do político. Este último reducido a resto serodio da mal chamada "transición democrática" pactada entre as forzas políticas e sindicais pro-capitalistas e a ditadura de Franco. É nesta tesitura cando se descobre o verdadeiro rostro do réxime. Os feitos violentos acontecidos nos dous países son indisociábeis das torturas padecidas polos compañeiros independentistas galegos detidos aínda hai só unha semana. Agora pretendese culpar as persoas que se manifestaban de poñer en perigo unha democracia que non é tal, amedrentalas con accións terroristas e provocadoras dos corpos represivos.
Dende Galiza, como nación oprimida, amosamos a nosa solidariedade internacionalista e de clase coas xustas loitas populares e esiximos a inmediata posta en liberdade sen cargos de todas as detidas. Dóenos especialmente a brutal detención e o secuestro ao que é sometido, aínda agora mesmo, o compatriota e compañeiro Miguel Quinteiro por parte das forzas do réxime español.
Diante da opresión a rebelión xustificase!
Galiza, 27.09.12
Movemento pola Base
No hay comentarios:
Publicar un comentario