miércoles, 26 de noviembre de 2014
Criminalizar as protestas do pobo. Un artigo do compañeiro M. Novo
Criminalizar as protestas do pobo.
M. Novo
Frente a loita cada vez mais decidida contra a opresión do rexime e seu podre e corrupto sistema, estanse a implemetar instrumentos coma a "Lei de inSeguridade Cidadan" tamen coñecida coma a Lei Mordaza. Unha versión semellante a proposta polo ministro socialista Corcuera no ocaso do felipismo.
Estes días na Galiza o Alianza Social Galega, que agrupa entre outras 50 entidades a tres centrais sindicais, CC.OO. UGT e CIG, tense manifestado poñendo en evidencia a criminalización da loita sindical e mesmo o dereito de expresión.
Na cidade fai uns días unha manifestación de veciños de San Vicente de Elviña, afectados polo expeculativo plan vazquista do Ofimatico amosaron seu rechazo ao Concello presidido polo Alcalde Negreira, o mais moroso do estado según informan hoxe diversos medios, pola decisión de proceder ao desaloxo e derribo dunha das vivendas afectadas.
Hoxe nun acto sen precedentes na prensa, a Voz de Galicia, acusa según fontes da policia urban e co nome e apelidos a diversos membros de colectivos, sindicalistas e mesmo concelleiros da oposición, coma responsables duns supostos accidentes na avenida de saida da cidade de A Coruña, a seu paso pola zona da protesta.,
O responsabel dese libelo debe de saber que tanto nunha fase de investigación como de previa denuncia non se pode publicar nomes de persoas e menos atribuirles un delito para a seguridade vial que o que trasmite o citado artigo. E moi probable que os afectados denuncien a Voz de Galicia por tal proceder e mesmo ao Concello.
A mesma prensa que agocha como un home na Rioxa tirouse a via do tren horas despois de ser desafuizado.
Penso que nestos momentos que estanse a viver, os responsabels da prensa burguesa, deberian de medir moito suas palabras contra o pobo, pois facerse eco dunhas autoridades cada vez mais des-autorizadas pola sua corrupción, fraude e despotismo, é facerse complice das mesmas e pode pasarles factura moito antes do que pensan.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario