lunes, 17 de agosto de 2015
TURQUIA E KURDISTAN NORTE: Fortes enfrentamentos entre forzas guerrilleiras e soldados e policías fascistas.
correovermello-noticias
Ankara, 17.08.15
Dende o inicio da ofensiva terrorista, ordeada pola camarilla criminal de Ankara, contra as organizacions revolucionarias e particularmente contra a poboación do Kurdistán Norte tense producido centos de enfrentamentos, con decenas de militares e policías mortos ou feridos así coma o derrubo de tres helicopteros, dous do tipo Black Hawk e un do tipo Sikorsky ou a destrución de vehiculos blindados. Tamen a guerrilla ten golpeado instalacións estratexicas coma o oleoducto de Kirkuk-Ceyhan.
O pasado dia 15 de agosto, 31º aniversario da gran sublevación do pobo kurdo de 1984, se han reportado fortes enfrentamentos no que morreron tres militares en Bingol e un oficial de forzas especiais en Semdinli. Diante da sede do partido gobernante Xusticia e Desenrrolo (AKP) en Diyarbakir, estoupou un coche bomba resultando ferido un policia.
Na cidade de Varto forzas da policia eo exercito atacaron a poboacion matando a dous nenos e a dous combatentes das HPG/PKK. O cadaver da combatente Kevser Eltürk (Ekin Van) foi tirado nu a rúa, acto criminal que ten sublevado a poboación, desta cidade do Kurdistán Norte, que impiden o acceso a mesma, do exercito e a policía.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario