martes, 15 de diciembre de 2015

Turquía e Kurdistán norte: Policía fascista dispara sobre manifestantes en Diyarbakir/Amed


correovermello-noticias Ankara, 14.12.15
Un reporte da axencia Dogan, da conta da morte de dous manifestantes e a lo menos dous feridos, na cidade de Diyarbakir/Amed, cando a policía disparou contra unha manifestacion pacifica contra o estado de sitio decretado, nesta localidade do Kurdistán norte, polas autoridades fascistas.
Os mortos, según informes locais, tratarianse de dous rapaces de 18 e 21 anos. A manifestación  convocada polo Partido Democratico dos Pobos (HDP) fora declarada ilegal polas autoridades.

Noutro reporte informase da retención dun oficial da policia por parte das milicias YDG-H, en Sirnak, no distrito de Cizre o pasado día 11 de decembro. Non se coñece seu paradeiro.
Fontes militares afirman que dous soldados foron tamen retidos por guerrilleiros do PKK, en Sirnak o pasado domingo 13 de decembro. Non hai confirmación por parte kurda, informa Anadolu.


AFP photo

No hay comentarios: