jueves, 26 de noviembre de 2015

GALIZA: Chamamento dos maoístas galegos a movilizarse contra a Guerra Imperialista.


 
Erguer un poderoso movemento popular
contra a guerra imperialista !
 

Á clase obreira e ao pobo traballador galego:
 
Irmáns e irmás; as potencias imperialistas principais, EE.UU. e Rusia, e as súas potencias satélites, entre elas o Estado español, apréstanse para unha nova guerra imperialista xeneralizada por motivos da rapina nas fontes enerxéticas de Oriente Medio, como para destruír unha parte das forzas produtivas xeradas polo capital, como medio para saír dunha crise económica que converteuse en permanente.
 
A guerra en Siria, instigada pola banda terrorista da OTAN co respaldo do Estado sionista, de Turquía, Arabia Saudita e Qatar ten polo obxectivo destruír o Estado sirio, do mesmo xeito que en Iraq ou Libia, para convertelo nunha marioneta nas mans das multinacionais petroleiras. Para facer un reparto do seu territorio que beneficie ao estado sionista de Israel e as súas ansias expansionistas.
 
O grupo Estado Islámico, nado da man dos EE.UU. e do réxime fascista islamita que goberna na Turquía, non é mais que unha banda de mercenarios armados ao servizo dos sionistas e da banda terrorista da OTAN. Os auténticos responsables destes sanguentos atentados son as potencias que lles deron as armas, e o adestramento, nunha criminal estratexia de guerra de baixa intensidade.
 
A par destas covardes accións, os Estados burgueses da UE apréstanse a recortar, aínda máis, os dereitos democráticos básicos dos pobos, das traballadoras e traballadores, coma o de manifestación, expresión, baixo a pretexto da “seguridade”.
 
Temos que poñernos en pé! Rexeitando enerxicamente as súas medidas represivas e denunciando o seu escuro e real propósito, que non é outro que a feroz ditadura fascista sobre a clase obreira e o pobo traballador. A declaración de guerra é contra as masas en todo o mundo!
Temos que erguer un poderoso movemento contra a guerra imperialista que sexa capaz de paralizar os seus sinistros plans de guerra e opresión!
 
Só a Revolución Socialista poderá rematar coa opresión e as guerras de rapina imperialista no mundo. Nesta cuestión non cabe dúbida ou discusión, ou a Revolución impide a guerra ou a guerra terá que convertese en Revolución.
 
Temos que estar alerta contra os falsos discursos do pacifismo burgués, que nas palabras rexeitan as “armas e as guerras” e nos feitos, apoian a explotación e a opresión doutros pobos.
 
En cada barrio, vila ou cidade é fundamental mobilizar as masas, creando estruturas colectivas, capaces de facer fronte a xenofobia e ao racismo do discurso neo-fascista do medo, que destilan desde o mass media da burguesía imperialista. E un deber de todas as organizacións políticas ou de masas, da esquerda e progresista, participar nesta tarefa dun xeito aberto e buscando a maior unidade posíbel.
 
Todas e todos, contra a Guerra Imperialista no Oriente Medio ou calquera parte do mundo!
Contra a Guerra Imperialista, Guerra Popular !
 
Galiza, novembro do 2015
 
Comité de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza.
 

No hay comentarios: