Apoiar
firmemente a Xornada de Acción Global por Ayopzinapa !
Dende Galiza, nación sen estado no actual Estado español,
as organizacións e colectivos asignastes queremos amosar o noso respaldo a Xornada de Acción Global por Ayotzinapa,
convocado para o 26 de setembro, có galo de cumprise 5 anos, do vil asasinato
de 9 estudantes de maxisterio e a desaparición doutros 43, cometido por axentes
policiais, có respaldo de autoridades do estado mexicano.
A Xornada, convocada polos familiares e amigos das vítimas,
é motivo para a denuncia e repudio dos millares de crimes contra o pobo, a mans
das autoridades corruptas do vello estado da oligarquía mexicana ou de
paramilitares a súas ordes. Mesmo responsábeis dos milleiros de
desaparecidos dende Oaxaca a Chiapas,
coma o do coñecido avogado e profesor universitario, Ernesto Sernas García,
secuestrado, o 10 de maio do 2018, en Oaxaca.
Na Galiza, o pobo galego e as súas organizacións mais
consecuentes coa solidariedade internacionalista, queremos amosar o noso respaldo
a esta Xornada de Acción e cos irmás de México en loita por unha nova
sociedade, coma o que, sen dubida, soñaron os 47 estudantes que hoxe non están
con nós.
Polo mesmo, facemos un chamado a o pobo traballador
galego a participar nos actos que teñan lugar no marco desta Xornada de Acción
Global por Ayotzinapa o vindeiro 26 de setembro.
¡Porque
vivos os levaron, vivos os queremos!
¡Alto a o terrorismo de estado e a guerra contra o pobo!
¡Alto a o terrorismo de estado e a guerra contra o pobo!
Na Galiza a 15 de setembro do 2019.
Concentración na Coruña, no Consulado de Mexico, rúa de Rubine, 6 bis. O xoves 26 de setembro as 19:30 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario