O prisioneiro palestino Maher Al-Akhras decidiu suspender a súa greve de fame despois de as autoridades de ocupación teren cedido ás súas demandas. Será liberado o próximo 26 de novembro. A greve, que Al-Akhras iniciou logo do seu arresto no 27 de xullo, durou 103 días consecutivos e tiña por obxectivo protestar contra o encarceramento administrativo que pode estenderse por tempo indefinido segundo a lei de Israel.
A organización de Prisioneiros Palestinos anunciou na pasada sexta feira que finalmente se chegou a un acordo que obrigaba as autoridades de ocupación da deixar en liberdade o prisioneiro o próximo 26 de novembro. Por súa vez Al-Akhras agradeceu ao pobo palestino, ás organización de dereitos humanos e as forzas que apoian a liberdade en todas partes do mundo polo seu respaldo e por teren estado do seu lado durante toda a greve de fame.
Compre lembrar que o prisioineiro Maher Al-Akhras, de 49 anos, orixinario da cidade de Silat al-Dhahr en Jenin, iniciara a greve de fame o propio día do seu arresto, o 27 de xullo pasado, para protestar polas violacións e crimes da ocupación israelita contra as persoas presas palestinas, apesar da súa condición de saúde crítica e do grave perigo para a súa vida.
https://esculca.gal/palestina-maher-al-akhras-suspende-a-sua-greve-de-fame-despois-de-103-dias/
No hay comentarios:
Publicar un comentario