GUERRA A GUERRA !
Diante
unha nova acción de agresión aberta contra Siria polas potencias imperialistas
EE.UU, Reino Unido, Francia, Turquía, da OTAN e dos sionistas do Estado de Israel desde o
Comité de Construción do Partido Comunista maoísta da Galiza manifestamos:
1º
Estamos diante dunha nova guerra imperialista para o reparto do mundo e das
súas riquezas naturais. Unha guerra imperialista de agresión, rapiña e codicia.
2º Nada
do que fagan o digan é en beneficio do pobo sirio. Non é máis que unha nova
guerra de conquista por moito que falen de liberdade. Que ninguén se engane!
Estamos nos comezos dunha nova guerra cruel e sanguenta.
3º É
o noso deber internacionalista denunciar esta nova agresión na que o Estado
español coopera de forma vergonzante permitindo o uso das bases aéreas e navais
para a destrución dun pobo como o sirian que ven sufrindo unha cruenta guerra
interna.
4º
Reafirmar que o único camiño de liberación dos pobos é a Guerra Popular tanto contra o imperialismo estranxeiro coma a
propia oligarquía opresora.
Polo
exposto facemos un enérxico chamado ao noso pobo, ás súas organizacións
políticas, sindicais e masas así como aos intelectuais progresistas a
mobilización contra esta nova guerra.
Que nas
rúas dos nosos pobos e cidades sone un mesmo berro:
GUERRA Á GUERRA
!
Galiza,
29 de agosto do 2013
Comité de
Construción do
Partido
Comunista maoísta da Galiza
No hay comentarios:
Publicar un comentario