martes, 27 de marzo de 2012
Galiza: Comunicado, Fortalecernos na loita !
Compañeiros e compañeiras:
Esta nova folga xeral enfronta a clase obreira e demais clases traballadoras no Estado español có capital monopolista e financieiro que comanda a UE, o FMI e BM.
Esta "toika" reaccionaria quere impoñer un "recorte" dos dereitos dos traballadores e traballadoras que representa a volta a condicions do seculo XIX.
O estamos a ver na Grecia ou en Portugal que as medidas da siniestra troika só traen miseria e explotación para as masas populares.
A Clase obreira carece de Partido propio, independente e de novo tipo e hai moitos pequeno- burgueses reformistas e revisionistas que trafican có seu nome.
É a realidade, da que partimos, e por esto, temos que traballar por erguer a bandeira vermella dunha liña revolucionaria no noso pais en torno a cal, xuntar aos millores homes e mulleres de noso pobo.
A construcción do partido proletario na Galiza pasa polo deslinde coa burguesia e suas ideas, mesmo radicais, asumindo a ideoloxia revolucionaria do proletariado; o Marxismo-Leninismo-Maoísmo. Na construción dos tres instrumentos concentricos, o partido o exercito popular e a frente unica. Adaptando a realidade nosa realidade o caracter universal do M-L-M.
Esto é o que temos que facer !
Parte de este traballo é permanecer xunto as masas en loitas coma esta folga xeral, que fortalecen-nos para un novo nivel de traballo. Permanecer xunto as masas explicando cal é a maneira de rematar coa explotación capitalista na Galiza e no mundo.
O Comité de Loita Popular "Manolo Bello" chama a participación activa e decidida na folga xeral na Galiza, nas fabricas, nos comercios, na sanidade e nas manifestacions do sindicalsimo de clase galego.
Adiante coa loita obreira e popular !
Marzo do 2012
Comité de Loita Popular "Manolo Bello"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario