miércoles, 5 de noviembre de 2014

Crítica sobre a crítica a Podemos. Unha carta do compañeiro Fernando Yañez



21 de octubro do 2014

Non se pode acusar a un demócrata de ser oportunista ou revisionista. Non é marxista e non propon un proxecto de clase, non é comunista.
España é un Estado, non unha nación. A sua estructura política creouse para servir aos intereses dunhas clases dirixentes que aplicaron sempre unha ditadura feroz sobre todos os pobos dun Estado que foi reino, coroa e imperio moito antes de ser nación.
A ditadura da oligarquia financieira-terratenente que ten o control en España dende o seculo XIX so tivo dous periodos nos que perdeu temporalmente o poder a mans da pequena-burguesia, a Primeira e Segunda Republicas os únicos periodos democraticos que tivo o país e os unicos intentos de ser nación.
O proceso de democratización ficticia que se chamou Transición está chegando ao seu fin, ao igual que o fixo o periodo Isabelino ou a Restauración, por putrefaccion interna.
A primeira accion de masas que puxo en cuestión a Monarquia parlamentaria heredeira do franquismo foi o movemento do 15M, mais o que verdadeiramente lle mostrou ao poder que estaba nun serio perigo foi a Marcha da Dignidade.

Podemos é unha reaccion da pequena burguesia ante unha movilización cun claro contido de clase, un contido proletario, que teme e quere aproveitar ao mesmo tempo. Seu programa é democratico-burgues, non comunista, estan propoñendo a Terceira Republica, non a revolución socialista.

Dado o nivel de organización e consiencia do proletariado galego e do resto do Estado, o seu programa democratico é o único que pode chegar a agrupar as forzas necesarias para derrubar a ditadura da oligarquia española. A elección agora é entre ditadura oligarquica ou democracia pequeno burguesa. E seria bo que os comunistas lembraramos as verbas de Engels sobre o fracaso da Primeira Republica Española ou as Cartas desde lonxe de Lenin, precedente das Teses de Abril, nas que cualifica a revolucion de febreiro como unha primeira victoria e, si ben pensaba que habia que avanzar cara o socialismo, iso esixia a orgnización do Partido e a creación de estructuras populares capaces de sustituir ao aparello do Estado burgués.

O obxetivo inmediato é derrubar a ditadura da oligarquia española impulsando o movemento democratico e concientes das súas insuficiencias, organizar o partido es as organizacions de clase para a victoria do socialismo.

A critica ao programa pequeno-burgues de Podemos e de outras plataformas democraticas deben centrarse, polo momento nas súas insuficiencias respecto da nosa clase, pero tendo sempre en conta que na loita contra a dictadura da oligarquía española, a pequena-burguesia é unha aliada. Mantendo a independencia organizativa e ideoloxica o proletariado galego debe de impulsar agora o movemento democratico xeral, non combatendolo. Non se pode acusar a Podemos de ser como o PSOE, porque de momento non o son.

No hay comentarios: