COMUNICADO. SOBRE O ACOSO POLICIAL DE HOXE
E A CONCENTRACIÓN DE MAÑÁ MÉRCORES:
DERRUBOS NON, VECIÑANZA SÍ OU SÍ!
A Coruña, 25 de Novembro de 2014. O Concello négase a atender as alegacións de Isabel e Álvaro e ten disposto desafiuzar a súa vivenda este xoves 27 ás 9.00h da mañá. Nada lle importa a Martín Fernández Prado, concelleiro de Urbanismo, nin ó alcalde Carlos Negreira que o proxectado para a zona de San Vicente de Elviña (marxe dereita da avenida Alfonso Molina) sexa impreciso ou mesmo inviable. Esa zona ten que quedar lisa, din. O que non din é que a queren dispoñible para poder especular cos terreos.
A
presión que o concello está a desplegar sobre as familias residentes do
lugar de Elviña tivo durante a mañá de hoxe un episodio mais que sumar
ás xa habituais manobras de control e coacción que por parte da policía
ven padecendo a veciñanza de Elviña nas súas concentracións. Sobre as
13:00h do mediodía de hoxe 3 furgóns da Policía Nacional fixeron acto de
presenza nas inmediacións da casa de Isabel e Álvaro en forma de
amedrentamento á resistencia popular que comeza a organizarse ante a
ameaza inminente de desaloxo e derrubo..
Asistimos durante a mañá de hoxe á “policiarización” de San Vicente de Elviña e do campus universitario asi coma o despriegue dun dipositivo de vixiancia e control en previsión das manobras a efectuar durante o día 27 para o derrubo da casa e desaloxo forzado de Isabel e Varo.
Á veciñanza de Elviña caéuselles o ceo enriba das súas cabezas en forma de Parque Ofimático, un plan urbanístico feito á medida de promotores e especuladores profesionais, un proxecto de “novo barrio” que nunca foi necesario e que agora mesmo parece unha broma de mal gusto tendo en conta o mal estado dos barrios xa existentes, e a miseria e pobreza que ten que sufrir boa parte da xente que os habita. Polo camiño, estoupou a burbulla e xa nin sequera os promotores inmobiliarios queren construír alí.
A que se vai adicar a zona de San Vicente de Elviña? A equipamento escolar, di o Plan, pero matiza inmediatamente “es en ese sentido que estos equipamientos, cuantificados a efectos legales, creemos se transformarán en otros usos”. Que outros usos, señor concelleiro? Calan. “Non importa o que se faga alí, esta semana ese terreo ten que quedar liso”, repiten Fernández Prado e as funcionarias do Concello.
É unha inxustiza, un xogo cruel no que as vidas, vivendas e vivencias das familias afectadas non valen nada. Todo para satisfacer os intereses escuros e corruptos da panda de sádicos que di gobernarnos e os seus amigotes. O caciquismo en todo o seu esplendor.
Porque a lei, pese a todo, está do lado de Isabel, Álvaro e as familias veciñas: é posible modificar o Plan, como piden, porque xa o fixeron con Adif hai poucos meses; é necesario paralizar o desaloxo porque hai un recurso presentado ó Tribunal Superior de Xustiza e o dano causado sería irreparable; é preciso respostar ás alegacións presentadas pola veciñanza porque, ata que non se faga, o Plan non estará pechado. Nada disto parece importarlle ó Concello, que sigue co seu mantra: “o día 1 ten que estar ese terreo libre”. A lóxica da apisonadora, a lei dos feitos consumados.
Non o imos permitir. Temos que ser a cidadanía crítica e combativa a que nos plantemos na rúa, xa que non atenden ás peticións formais. Só a xente, todas e cada unha de nós, podemos impedir que o inxusto derrubo da casa de Isabel e Álvaro se leve a cabo. Por iso chamamos a apoiar a concentración deste MÉRCORES 26 de NOVEMBRO ás 20h diante da casa de Álvaro e Isabel (xunto a pasarela que pasa sobre Alfonso Molina, preto da gasoliñeira), e a acudir o día 27 ás 8h a parar o desaloxo previsto polo Concello. Porque só a loita fai Xustiza!
ELVIÑA NON SE VENDE, ELVIÑA SE DEFENDE!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario