82. Yakovlev argumentou e criticou o fracaso dos Primeiros Secretários á hora de efectuar eleizóns secretas para os postos do Partido, apoiando-se, polo contra, nos nomeamentos ("cooptazón"). Destacou a necesidade de que os membros do Partido eleitos nos Soviets non estiveran ás ordes de grupos do Partido, fora dos Soviets, que condicionaran as suas posicións. Que o seu voto non fose o sinalado polos seus superiores no Partido, como os Primeiros Secretários. Tiñan que ser independentes. Yakovlev utilizou os termos máis duros para se referir á necesidade de "botar man da moi rica reserva dos novos cadros para subtituir a aqueles corrompidos ou burocratizados". Todas estas afirmacións constituen un ataque explícito aos Primeiros Secretários.(Zhukov, Inoy 424-7; Tayny, 39-40, citando documentos de arquivo)
83. A Constitución foi finalmente completada, fixando-se o 12 de decembro de 1937 como data das primeiras eleizóns. Os dirixentes achegados a Stalin argumentaron, máis unha vez, as avantaxes da loita contra a burocrácia e de criar lazos coas masas. Porén, todo isto foi posterior á expulsión sumária e sen precedentes dos 26 membros do Comité Central da que falamos no ponto 80. (Zhukov, Inoy 430)
84. Quizais o máis revelador sexa a seguinte observación de Stalin, comentada por Zhukov:"Finalizando as discusións, cando o tema era a busca dun método máis fiábel para o reconto de papeletas, (Stalin) comentou que en Ocidente, grazas a un sistema multipartidista, este problema non existia. Imediatamente despois, murmurou unha frase bastante rara para un encontro dese tipo: "Nós non temos partidos políticos diferentes. Afortunada ou desafortunadamente temos só un partido." (Subliñado por Zhukov) Para pasar a propoñer, anque só provisionalmente, utilizar para o reconto e supervisión a membros de todas as organizacións sociais existentes, menos as do Partido Bolchevique... O desafio á autocrácia do Partido estaba sobre a mesa". ( Zhukov, Inoy 430-1; Tayny 3)
85. O Partido Bolchevique padecia unha grave crise, sendo imposível pensar que as cousas se desenvolverian con suavidade. Era a peor situación posíbel para organizar unhas eleizóns democráticas (secretas, universais, abertas). A idea de Stalin de reformar o governo soviético e o papel do Partio Bolchevique nesa reforma estaba condenado.
86. Finalizando o Pleno, Robert Eikhe, Primeiro Secretário da rexión do Krai, no oeste siberiano, falou en privado con Stalin, como tamén o fixeron outros Primeiros Secretários. Probabelmente, solicitaron os poderes que pouco despois obtiveron: a autorización para formas troikas, grupos de tres dirixentes organizados para combater a posibilidade de conxuras contra o governo soviético nas suas rexións. (Estas troikas receberon o poder de execución sen apelación. Impuxeron-se límites no número de executados e prisioneiros baseando-se no poder destas troikas. Cando estes límites foron esgotados, os Primeiros Secretários solicitaron límites superiores, petición que foi concedida. Zhukov pensa que Eihke podia estar representando a un grupo informal de Primeiros Secretários. (Getty, "Excesses" 129; Zhukov, Inoy 435)
87. Quen foron os obxectivos destes draconianos xuízos por parte destas troikas? Zhokov pensa que foron os lishentsy, aqueles cuxos direitos de cidadania, incluindo o direito a voto, foran recentemente restaurados, e que supuñan potencialmente o maior perigo para a continuidade no poder dos Primeiros Secretários. Zhukov descarta totalmente a existéncia de conspiracións reais. Pero os documentos de arquivo recentemente publicados evidéncian que, como mínimo, a dirección central estaba continuamente recebendo informes de conspiracións, incluindo transcricións de confesións. Stalin e outros, certamente, acreditaron nestas conspiracións. A miña opinión é que cando menos algunhas das conspiracións foron reais, e que os Primeiros Secretários creron nelas.(Zhukov, KP Nov. 13 02; Inoy, Ch. 18; "Repressii" 23; Lubianka B)
88. Outra hipótese é que calquer que estivera relacionado con calquer clase de movimento opositor era clementemente contemplado como "inimigo", e suxeito a detención e interrogatório por parte do NKVD, un de cuxos membros era sempre parte da troika. Outro grupo eran aqueles que expresaron abertamente desconfianza ou ódio cara ao sistema soviético en conxunto. Thurston cita probas de que estes indivíduos eran imediatamente arrestados. Porén, aqueles que manifestaban críticas aos líderes locais do Partido non eran molestados, mentres que os criticados, incluindo membros do Partido, ás veces si que o eran. (Thurston, 94-5)
89. Por tanto, contra aqueles que argumentan que as conxuras foron ilusións na mente paranoica de Stalin ou, ainda peor, mentiras destinadas a reforzar a sua obsesión megalómana co poder, hai probas de abondo que demostran a existéncia de conspiracóns reais. Os relatos dos conspiradores que conseguiron sair máis tarde da URRS confirman isto. A numerosa documentación policial sobre estas conspiracións, moi pouca publicada, é un poderoso argumento contra a teoria de que todo foi unha montaxe. É máis, as anotacións de Stalin nestes documentos reafirman o feito de que pensaba que eran certas. (Getty, "Excesses" 131-4; Lubianka B)
90. Getty resume esta contradición da seguinte maneira:“Stalin ainda non era partidário de retirar as eleizóns, e o 2 de xullo de 1937 o Pravda desautorizou claramente aos secretário rexionais publicando o primeiro decreto das novas reglas eleitorais, animando e apoiando as eleizóns secretas e universais. Pero Stalin lanzou un compromiso. O mesmo dia que se publicou a lei eleitoral, o Politburó aprobou unha campaña masiva contra, precisamente, os elementos dos que se queixaran os líderes locais, e horas máis tarde, Stalin enviou un telegrama aos líderes provinciais do Partido ordenando a Operación Kulak (contra os lishentsy, G.F.). É difícil evitar a conclusión de que a cámbio de obrigar aos líderes locais do Partido a participar nas eleizóns, Stalin decidiu axudá-los a gañar dando-lles licenza para eliminar ou deportar a centenares de miles de "elementos perigosos". ("Excesses" 126)
91. Independentemente de cal fose a história destas purgas, execución extra-xudiciais e deportacións, parece que Stalin pensaba que se estaban criando as condicións para unhas eleizóns livres e abertas. Porén, estas accións minaron calquer posibilidade dunhas eleizóns de calquer tipo.
92. O Politburó intentou nun primeiro momento limitar a campaña de represión ordenando que rematase en cinco dias. Ainda que non sabemos a razón, se foi por convencimento ou por ver-se obrigados, o certo é que o NKVD tivo permiso para ampliar este periodo a catro meses, de agosto a decembro. Foi polo alto número de detidos? Polo convencimento da existéncia de numerosas conxuras que constituian unha grande ameaza interna? Non coñecemos os detalles desta represión masiva.
93. Iste era precisamente o perido no que ia ter lugar a campaña eleitoral. Pésie a que o Politburo continuou a organizar estas eleizóns, regulamentado o sistema de votación e informando aos funcionários de como tiñan que actuar, os xefes locais controlaban a represión. Así, estes podian determinar que oposición ao Partido (a eles mesmos) se podia considerar "leal" e cal era merecedora de represión. (Getty, "Excesses," passim.; Zhukov, Inoy 435)
94. Existen documentos orixinais que demostran que Stalin e os seus achegados no Politburó estaban convencidos de que os conspiradores antisoviéticos estaban activos, e de que se tiñan que enfrontar a eles. Isto foi o que afirmaron os líderes rexionais do Partido durante o Pleno de fevreiro-marzo. Nestas datas a dirección de Stalin minimizaba o perigo, e mantiña a atención na Constitución, na necesidade de preparar eleizóns e o recámbio do burocratizado e vello liderazgo por outro formado por novos líderes.
95. Para o Pleno de xuño, os secretários rexionais estaban nunha posición desde a que podian dicer: "Estabas avisado. Tíñamos razón, e ainda a temos; hai perigosos conspiradores activos, listos para utilizar a campaña eleitoral co propósito de provocar revoltas contra o governo soviético". Foi así como sucederon as cousas? Semella posíbel, pero non podemos estar seguros.
96. Stalin e a dirección central non coñecian a extensión destas consiparicóns. Non sabian o que podian facer os nazis alemáns e os fascistas xaponeses. O 2 de xuño, no Encontro ampliado do Soviet Militar, Stalin afirmou que o grupo de Tukhachevsky proporcionara ao Alto Mando alemán os planos operativos do Exército Vermello. Isto significaba que os xaponeses, unidos por unha alianza militar (o Eixo) e unha alianza política anticomunista (o Pacto Anti-Komintern; en realidade, un pacto antisoviético) coa Itália fascista e a Alemaña nazi, tamén os terian.
97. Stalin dixo aos líderes militares que os conxurados querian converter á URSS noutro Estado español, é dicer, unha Quinta Coluna coordenada cun exército fascista invasor. Dado este terríbel perigo, a dirección soviética estaba decidida a reaccionar cunha determinación brutal. (Stalin, "Vystuplenie")
98. Ao mesmo tempo, moitas probas apontan a que o mando central (Stalin) queria reducir a represión das troikas impulsada polos Secretários rexionais e continuar integrando as eleizóns na nova Constitución. Do 5 ao 11 de xullo a maioria dos Secretários copiou a iniciativa de Eikhe de comunicar cifras precisas dos represaliados, meiante execución (categoria 1) ou encarceramento (categoria 2). De supeto, o 12 de xuño, o Comisário delegado do NKVD, Frinovskii, enviou un telegrama urxente a todas as oficinas da policia local: "Non inicien operacións de represión contra antigos kulaks, Repito, non as inicien". (Getty, "Excesses" 127)
99. Despois de que os xefes locais do NKVD foron reclamados en Moscova para conferenciar, foi emitida a orde número 447. Esta longa e detallada instrucción ampliaba o campo de represión (basicamente curas opostos con anterioridad ao sistema soviético e criminais), ainda que, polo xeral, "diminuia os límites e as cifras requeridas polos secretários provinciais".(19) Todas estas vacilacións fan pensar en desacordos e loitas entre o "centro" -Stalin e os seus achegados no Politburó- e os Secretários provinciais. Non hai dúvida de que Stalin non tiña o mando. ( Order No. 00447; Getty, "Excesses" 126-9)
100. O Pleno do Comité Central de outubro de 1937 foi o da suspensión definitiva do proxecto para unhas eleizóns abertas. Un modelo de candidaturas, con diversos candidatos, fora xa deseñada. Conservan-se bastantes en diferentes arquivos.(20) Como substitución estabeleceu-se que, para as eleizóns aos Soviets de decembro de 1937, os candidatos do Partido compartirian as listas cunha porcentaxe de candidatos alleos ao Partido de entre o 20 e o 25%. Zhukov localizou nos arquivos o documento orixinal no que Molotov, o 11 de outubro ás seis da tarde, cancelaba as eleizóns abertas. Esto representou unha derrota para Stalin e os seus seguidores no Politburó.(Zhukov, KP 19 Nov. 02; Zhukov, Tayny. 41; Inoy 443)
101. Foi tamén no Pleno do Comité Central cando se pronunciou a primeira protesta contra a represión masiva, por parte do Primeiro Secretário de Kursk, Peskarov:"Eles (o NKVD?, as troikas? G.F.) condenan á xente por minudéncias... ilegalmente, e cando nós levamos a cuestión ao Comité Central, recebemos o decidido apoio dos camaradas Stalin e Molotov, que envian unha brigada de funcionários da Corte Suprema e da Oficina do Fiscal para revisar estes casos... Co resultado de que, após tres semanas de traballo desta brigada, o 56% destas senténcias en 16 rexións son consideradas ilegais. Ainda máis, no 45% destas senténcias non existiron probas de que se cometera nengún delicto". (Zhukov, Tayny, 43)
102. No Pleno de xaneiro de 1938, Makenkov apresentou unha punxente crítica da gran cantidade de membros do Partido expulsados e de cidadáns xulgados, a miúdo incluso sen proporcionar listas de nomes, senón só indicando o número de expulsados. Postyshev, Primeiro Secretário de Kuybyshev, foi eliminado como candidato ao Politburó por manter que "non habia nengún elemento honrado" entre todos os funcionários do Partido.
103. Semella que o NKVD funcionaba independentemente, cando menos nalgunhas zonas. Sen dúvida, os Primeiros Secretários tamén o facian así. (Zhukov, KP 19 Nov. 02; Tayny, pp. 47-51; Thurston 101-2; 112) Porén, a preocupación dos líderes do Politburó era a existéncia de conspiradores. A magnitude dos abusos do NKVD non foi recoñecida. Como indica Zhukov, o informe de Malenkov (culpando aos arrivistas no interior do Partido das expulsións masivas e detencións) foi continuado por Kaganovich e Zhadanov, quen seguiron insistindo na loita contra os inimigos e emprestaron só unha lixeira atención á "inxenuidade e ignoráncia" no traballo dos "bolcheviques honrados".
104. O Pravda, baixo controlo dos seguidores de Stalin, facia ainda chamamentos para afastar o Partido do manexo directo dos asuntos económicos, e a necesidade de promocionar a xente non militante aos postos de liderazgo.(Zhukov, Tayny 51-2) Mentres Nikita Khrushev, que en 1937 pedira competéncias para poder executar a 20.000 persoas cando era xefe do Partido en Moscova, foi trasladado a Ucránia, onde, no prazo dun mes, reclamou poderes para reprimir a 30.000 persoas. (Zhukov, Tayny 64, ver n. 23)
105. Parece ser que Nicolai Yezhov, substituto de Genrikh Yagoda en 1936 no mando do NKVD, estaba estreitamente relacionado cos Primeiros Secretários.(21) A masiva represión dos anos 1937-1938 estivo tan ligada ao seu nome que ainda se coñece como a "Yezhovshchina". Yezhov deixou o seu posto o 23 de setembro de 1938 (22), sendo substituido en novembro dese ano por Lavrentii Beria.
106. Sob o mando de Béria, moitos dos mandos do NKVD e Primeiros Secretários responsáveis de miles de execucións e deportacións foron xulgados, e moitas veces eles mesmos executados por levar á morte a xente inocente e facer uso da tortura contra os detidos. As transcricións dos xuízos dalgúns dos funcionários policiais que utilizaron a tortura foron publicadas. Numerosos presos e acusados, deportados ou enviados aos campos de traballo foron liberados. O próprio Béria manifestou que a sua misión era "acabar coa Yezhovshchina". Stalin dixo-lle ao enxeñeiro aeronáutico Yakovlev que Yezohv foi executado por asasinar a miles de inocentes. (Lubianka B, Nos. 344; 363; 375; Mukhin, Ubiystvo 637; Yakovlev)
107. Fixo-se un incalculábel dano á sociedade soviética, ao governo soviético e ao Partido Bolchevique. Hai moito tempo que sabemos isto, evidentemente. O que non sabiamos até agora é que a implantación das troikas e as cotas de execucións e deportacións se deben á insisténcia dos Primeiros Secretários, e non a Stalin. Zhukov pensa que a estreita relación entre isto e a ameaza de eleizóns abertas, e o feito de que o Comité Central conseguira forzar á dirección de Stalin e os seus colaboradores a cancelar esas eleizóns, indica que a forma de evitar esa "ameaza eleitoral" fora as detencisón masivas e as execucións da "Yezhovshchina". (23) (Zhukov, KP)
108. Ninguén pode absolver a Stalin e aos que o apoiaron das amplas responsabilidades que tiveron nas execucións, que foron de bastantes centenares de miles.(24) Se as vítimas fosen encarceradas no canto de executadas a maioria teria sobrevivido. Moitos verian revisados os seus casos, e liberados. Para os nosos obxectivos neste traballo, a pergunta chave é:Por que cedeu Stalin ante as demandas dos Primeiros Secretários, demandas que lles concedian o destino de miles de persoas? Mália que non existen escusas, poden existir razóns.
109. Ningún outro governo está preparado para traicións simultáneas por parte de altos mandos militares, figuras de primeira fila do governo nacional e de governos rexionais, e da dirección da policia secreta e de fronteiras.
110. Un grave conxunto de conspiracións, que incluia tanto líderes do Partido actuais e anteriores, con ligazóns con todo o país, acababa de ser descoberto. O máis ameazante era a participación de destacados militares dos níveis máis altos, coa revelación dos planos secretos militares aos inimigos fascistas. A conspiración militar tiña contactos en toda a URSS, e nela estaban tamén os principais mandos do NKVD, incluindo a Genrikh Yagoda, quen dirixia este organismo entre os anos 1934 e 1936. É dicer, non se podia saber a amplitude da conxura e canta xente estaba implicada. O camiño prudente era pensar o peor.(25)
111. O Politburó e Stalin estaban no cume de duas amplas xerarquias, a do Partido e a governamental. O que sabian sobre o estado das cousas no país era o que os seus subordinados lles dician. No transcurso dos seguintes doce meses reprimiron a moitos dos Primeiros Secretários, indo a parar ao cárcere a metade deles. Na maioria dos casos, os cargos concretos e as transcricións dos seus interrogatórios continuan sen ser desclasificados, incluso na Rúsia pós-soviética e anticomunista. Pero agora contamos con bastantes probas das investigacións que efectuaron Stalin e o Politburó para facer-nos unha idea da alarmante situación á que se enfrontaban. (Lubianka B)
112. O Partido Bolchevique guiaba-se polo centralismo democrático. Mália a sua popularidade en toda a URSS, Stalin (como calquer outro líder do partido) podia ser derrotado por unha maioria do Comité Central. Non estaba en situación de ignorar presións e urxéncias por parte dun amplo número de membros do Comité Central.
No hay comentarios:
Publicar un comentario