domingo, 11 de octubre de 2009

Honduras: Restaurar a democracia burguesa ou facer a Revolución


Honduras: Restaurar a democracia burguesa ou facer a Revolución.

Miguel Alonso para Correo Vermello


O derrocamento do Presidente Zelaya por unha fracción da burguesia hondureña, co apoio do exercito e mesmo da egresia catolica, ten provocado multiples reaccións de condena e moi en particular dende os paises aderidos ao tratado comercial ALBA impulsado pola Venezuela bolivariana.

A recente volta ao pais do derrocado Presidente Zelaya, refuxiado na Embaixada do Brasil e a movilización popular ten aberto unha fonda brecha nas forzas golpistas que ven peligrar seu intento de exemonizar a politica deste pais centro-americano.

Como non pode ser doutra maneira as forzas politicas da chamada esquerda anti-imperialista, simpatizantes de Chavez, Evo Morales ou Lula tense volcado en movilizacións e mesmo en presentar ao derrocado "Mel" Zelaya como un heroe popular e anti-imperialista.

Diante de tanta confusión compre facer unha lectura de clase dos acontecimentos en Honduras. Analise de clase ao marxen do odio pasional aos imperialistas yankees, odio que moitas veces esquece as demais potencias imperialistas aquelo de "pecharle a porta al león para deixar entrar ao tigre".


Primeiro; compre recordar que Honduras é unha democracia "bananera" unha democracia burguesa, un Estado opresor das clases populares.


Dous; ter en conta que a fracción golpista formada por amplos sectores da burguesia parlametaria, o propio Micheletti é o Presidente do mesmo, as Camaras de Comercio ou a egresia catolica (burguesia burocratica) que co apoio militar eo consentimento tacito do embaixador yankee ten plantexado o golpe como unha saida na loita contra a fracción a da burguesia Agro-indurtrial que representa o deposto Zelaya e que pretendia cambiar "as reglas de xogo"do reparto do poder dentro das fraccions exemonicas do Estado.


Tres; que Zelaya e sua fracción burguesa xoga a carta populista para atraer as masas populares a seu campo sin que de ningun xeito iso represente que no seu mandato foran rebaixados os indices de explotación do proletariado ou do campesinado.


As forzas populares hondureñas enfrontanse agora mesmo a dous camiños opostos; facer de comparsas da burguesia liberal ou asumir o programa revolucionario da Nova Democracia.

Cando se fala de restituir a legalidade interrumpida polo golpe, moitos oportunistas agachan que esa mesma legalidade é a da explotación para o povo e a democracia para os privilexiados.

A necesidade da Revolucion, da toma do poder por medio da guerra popular, a destrucción do Estado burgues opresor esta na orden do dia de todo-los povos e moi en particular nos do terceiro mundo, nos que as ansias de liberdade e xustiza das masas populares son duramente reprimidas.

Plantexar o reformismo, como fan as forzas de "esquerda" que dende hai tempo forman parte do sistema, co abandono da loita armada do povo polo o poder, para deixar nas mans dunha burguesia liberal a dirección dos movementos e o mais groseiro intento de desviar os blancos da Revolución.

Confio que as forzas verdadeiramentes revolucionarias en Honduras fagan a elección adecuada para que esta loita, inicialmente entra fraccions burguesas, sirva de base para un poderoso movemento revolucionario que libere ao povo traballador das cadenas dos imperialistas e dos explotadores locais.


Galiza, octubro 2009

No hay comentarios: