jueves, 7 de julio de 2011
Comunicado do CLP "Manolo Bello"
Comunicado
A loita do Val di Susa é unha loita de todo-los pobos de europa contra a depredación capitalista !
O pobo do Val di Susa ten frenado, dende do 2006, unha nova agresión do capitalismo contra o entorno natural dun val emblematico do maciso alpino, coa construcción dunha liña de tren de alta velocidade no corredor Turín-Lyon.
O pasado dia 3 de xullo unha grande manifestación concentro a perto de setenta mil persoas, incluidas autoridades municipais, que foi agredida por efectivos da policia, entablando-se un forte enfretamento que rematou con perto de 300 feridos moitos deles das forzas represivas que tiveron que facer frente a unha resposta dura, organizada e coordinada de centos de activistas.
Saudamos esta importante batalla do pobo do Val de Susa, como exemplo da necesidade de respostas organizadas e baseadas na aplicación tactica, de formas de loita que ultrapasen a capacidade represiva do Estado burgues.
Dende Galiza amosamos a nosa solidariedade fraterna co pobo do Val de Susa e sua xusta loita contra o Estado burgues devastador ambiental.
Tamen é a nosa loita. !
Saudamos moi en particular a os camaradas do Partido Comunista maoísta de Italia que fai parte, como non poderia ser doutra maneira, desta xusta loita na primeira liña do frente.
É xusto rebelarse !
Galiza, 5.7.2011
Comité de Loita Popular "Manolo Bello"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario