domingo, 24 de julio de 2011
Galiza: Organizacións maoístas condenan crimes fascista en Noruega.
Comunicado.
Condenando os atrocez crimes facistas en Noruega
Dende o Comité de Loita Popular "Manolo Bello", Correo Vermello e Comité Galego de apoio a guerra popular na India queremos condenar publicamente e mostrar a nosa solidariedade co irmán pobo noruegués que se viu sacudido pola violencia fascista.
Á vez que denunciamos enerxicamente o intento dos "mass media" burgueses de presentalo como un acto criminal alleo á ideoloxía que sustenta os asasinos.
O racismo e a pureza da raza, o anti-comunismo, o mesianismo relixioso presentado como as tradicións europeas, a defensa do capitalismo e o seu sacro santa propiedade privada, o individualismo egoísta... son puntos do discurso ideolóxica que espallan dende os gobernos imperialistas.
Negar isto é negar as verdadeiras causas destes crimes que conmocionaron a todos os pobos amantes da liberdade.
Dende Galiza queremos facer chegar a nosa profunda solidariedade ao pobo traballador noruegués, ás súas organizacións progresistas e en particular aos comunistas que traballan pola revolución para rematar co sistema de explotación capitalista e os seus raccionarios ideais.
Galiza, 24.07.11
Comité de Loita Popular "Manolo Bello"
Correo Vermello
Comité Galego de apoio a guerra popular na India
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario