martes, 31 de julio de 2012

GALIZA: Comunicado do C..C. do PCmaoísta de Galiza con motivo do da Patria galega.





“Para chegar à libertaçâo completa, os povos oprimidos  devem apoiar-se em primeiro lugar na sua própria luta, e só despois na ajuda internacional. Os povos cujas revoluçôes ja triunfaran deben ajudar aos que ainda lutan pola sua liberaçâo. Esse é nosso deber internacionalista.”

Mao Tse-tung  (1963)



Ao Pobo galego:

No día da Patria Galega o Comité de Construcción  do Partido Comunista maoísta de Galiza quere no primeiro lugar  saudar as masas do pobo traballador galego e rendir un sentido homenaxe a toda-las e todo-los os héroes que teñen dado sua vida pola clase obreira e o pobo traballador.
Estamos a viver unha situación de permanente agresión da burguesía contra os dereitos, mesmo democráticos, dos traballadores e traballadoras.
A burguesía financieira, fracción especuladora e parasitaria que a nivel internacional impon, a gobernos  monicreques como o do Estado español, seus dictados profundamente lesivos para a clase obreira e o pobo traballador.

Na Galiza o proletariado carece dun partido de novo tipo, un partido diferente a todo-los da burguesía e seu sistema capitalista de explotación.
A construcción do mesmo é tarefa central para que no marco de Revolución Socialista fagamos realidade a proclamación dunha Republica Socialista na Galiza que en pé de igualdade cos demáis pobos da península Iberica decida seu destino.

A construcción do partido do proletariado, armado coa ideoloxia revolucionaria do marxismo-leninismo-maoísmo é o único garante de avantar na revolución que poña fin á opresión de clase e nacional.
Partido que aplique dun xeito creativo a ideoloxía proletaria as condicións concretas da revolución na Galiza.
O vello Estado español, a monarquía heredeira do franquismo e mesmo suas Autonomías carecen de toda lexitimidade para decider noso destino.
Os vellos partidos políticos do sistema, incluso dos da chamada “esquerda,” non son, nunca o foron, instrumentos ao servizo do pobo, como moito teñen a función de maquillar e lexitimar o vello Estado.
Que ninguen se engane!  Os cantos se sereas ou as balas almibaradas da burguesía non poden mercar ou ferir ao  millores fillos do pobo galego.

Coma suliñou o camarada Mao Tse-tung temos que desechar as ilusions e prepararnos para loitar. Esto non significa abandoar os noso ideais, significa que temos que loitar por eles desechando o podre camiño burgues.

Viva o Dia da Patria Galega!

Viva o Proletariado galego parte indivisible do proletariado internacional!

Viva a Revolución Proletaria Mundial!

Outro mundo é posible se facemos a Revolución Socialista!

Abaixo o vello Estado español e todo-los explotadores!



Galiza, Día da Patria Galega 2012


Comité de Construcción

Partido Comunista maoísta da Galiza.

No hay comentarios: