sábado, 25 de julio de 2015

NEPAL: Exitosa Folga Xeral contra a nova Constitución. Maís de 200 militantes maoístas detidos.




correovermello-noticias
Kathmandu, 24.07.15
A folga xeral, Nepal Band, convocada polo Partido Comunista de Nepal-Maoísta, que dirixe o camarada Biplab, ten paralizado moitas localidades do país en protesta pola nova Constitución anti-popular, que o goberno reaccionario quere promulgar a mediados de agosto, e un neo-colonial acordo comercial asinado coa India e China para o uso do Paso de Lipu-lej.
O goberno reaccionario ten desplegado un forte dispositivo policíal o que non impediu a paralización tanto do transporte, comercio, industras eo ensino, na primeira folga xeral despois do grande terremoto do pasado abril.
Fontes periodisticas afirman que maís de 200 persoas foron detidas, moitas deles militantes do PCN-Maoísta e de organizacions da mocedade, no transcurso da xornada acusadas de cortes de estradas ou desordes publicos. Así mesmo reportanse alguns incidentes e a quema de vehiculos e mesmo enfrentamentos coa policía.


No hay comentarios: