viernes, 1 de mayo de 2009

Declaración do 1º de Maio dos maoístas galegos


Proletarios de todo-los paises e povos oprimidos, unide-vos !




A plena vixencia do Manifesto Comunista de Marx e de Engels neste seculo XXI, Manifesto base das revolucións proletarias triunfantes dende a Rusa a China ou das guerras populares do Perú a Filipinas, descarta sua pretendida superación pola teoria dun novo "socialismo do seculo XXI ".


Esta Teoria é sosten dos elementos oportunistas, que lonxe de deserrolar o pensamento proletario tiran pola borda a cuestión clave do marxismo-leninismo-maoísmo, a cuestion do Poder, a cuestión da Dictadura do proletariado. Que clases detentan o poder é a clave que permite afirmar o non o triunfo dunha revolución e a quen sirve o novo Estado.


En medio dunha gran crise do imperialismo, que plantexa novas posibilidades para o triunfo da Revolucíon Proletaria Mundial, tense producido un importante retroceso no proceso revolucionario no Nepal ao manter, importantes dirixentes do PCN-U (m), unha actitude conciliadora co poder burgues e polo mesmo liquidadora da revolución.


Hoxe son publicas e coñecidas as criticas a esta actuación por parte de organizacións revolucionarias, membros do probado centro dos maoístas a nivel internacional, o Movemento Revolucionario Internacionalista e tamen doutras forzas comunistas fora deste agrupamento.


Os comunistas maoístas na Galiza, hemos tido sempre unha posición firme en defensa da Revolución no Nepal mais tamen que otras organizacións temos visto con preocupación o xurdiemnto de vellos pantasmas baixo tesis como "facer do Nepal a Suiza de Asia" ou a "Revolucíon economica" copia e calco da podre "teoria das forzas productivas" dos revisionistas chinos.

Nesta situación plantexamos a urxente necesidade dunha Conferencia Extraordinaria, ampliada, do Movemento Revolucionario Internacionalista, centro internacional da maioria das organizacións maoístas e do que fai parte o PCN-U(m), para tratar a situación no Nepal e as tarefas da Revolución Proletaria Mundial dun xeito unificado.

Coidamos necesario deslindar as xustas criticas ao oportunismo na dirección do PCN-U (m) co apoio firme as masas revolucionarias no Nepal e cos ataques ao MRI por parte de sectores ultra-esquerdistas dispostos a liquidar o unico agrupamento internacional de forzas que asumen o Maoísmo como terceira e superior etapa do M-L.

A defensa do MRI, a devenido nunha necesidade do Movemento Comunista Internacional, dos autenticos comunistas revolucionarios, frente aos ataques que pretenden sua disolución. Nos reiteramos a plena vixencia da sua Declaración e do documento "Viva o Maoísmo".

Nesta data historica da loita proletaria, reiteramos o noso apoio ao proceso revolucionario no Nepal e ao MRI e suas organizacións e chamamos a pular polo triunfo da liña vermella, no seu do mesmo, frente a posiciones pactistas ou liquidadoras.


Preparemos a Revolución nos paises imperialistas !

Unamo-nos firmemente as masas populares, elas fan a historia !

Viva a invencible ideologia proletaria, o Marxismo-Leninismo-Maoísmo !

Viva o Movemento Revolucionario Internacionalista !

Abaixo o oportunismo eo revisionismo en calqueira das suas formas !


Galiza, 01.05.09


Comité de Loita Popular "Manolo Bello"

Correo Vermello

Comité Galego de Solidariedade co Nepal

No hay comentarios: