lunes, 26 de abril de 2010
Comunicado do Comité de Loita Popular "Manolo Bello" en apoio a Guerra Popular na India.-
Temos recibido o seguinte comunicado dos camaradas do CLP "Manolo Bello":
MOVILIZARSE EN APOIO DO POVO HINDÚ !
Dende finaes do ano pasado o reaccionario goberno da Unión India ten lanzado unha operación xenocida nos estados nos que a guerrilla comunista ten maior presencia. A operación Green Hunt, que moviliza a milleiros de efectivos das forzas represivas, tan só representa violencia contra o povo desarmado pois as forzas do Exercito Guerrilleiro Popular de Liberación teñen acadado importantes victorias contra os reaccionarios. Victorias que saudamos xubilosamente, a par que amosamos o noso apoio e solidariedeade aos camaradas do Partido Comunista da India (maoísta) e a invencibel guerra popular revolucionaria que dirixe.
Tanto na India como a nivel mundial milleiros de voces piden o fin da represión contra o povo hindú.
Apoiamos decididamente a Campaña Internacional contra la guerra al Pueblo de la India* e facemos un chamado as organizacións populares da Galiza para amosar sua solidariedade co povo hindú.
VIVA A INVENCIBEL GUERRA POPULAR NA INDIA !
Galiza, Abril do 2010
COMITÉ DE LOITA POPULAR "MANOLO BELLO"
*Para mais información visitar: www.icawpi.org
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario